martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Luces e neve marcan o inicio dun Nadal diferente na provincia

Animación na rúa e alumeado de Nadal en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Animación na rúa e alumeado de Nadal en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Ao tempo que os municipios acendían o alumamento festivo, a provincia rexistraba a primeira nevarada da temporada

As luces de cores e as primeiras folerpas deixaron este venres na provincia as primeiras estampas típicas de Nadal. Pontevedra acendeu a súa iluminación artística de cara ás festas que veñen. E malia que non houbo inauguración oficial as rúas enchéronse de ambiente cun espectáculo de animación cargado de maxia e no que, de acordo cos tempos de pandemia, non faltaron as máscaras e a celebración con distancia. Ata 81 rúas da cidade contan co seu alumado de Nadal. Unha gran campá en Barcelos, catro bolas de luces, árbores de gran altura na Praza da Ferrería ou en Méndez Núñez, que loce ademais un manto de luz ou as camelias da Praza de Ourense son algúns dos elementos que tratan de arroxar un pouco de luz e ilusión nestes tempos un tanto escuros.Gon POR LA TARDE. IMPORTANTE. Encendido luces de Navidad. No hay acto inaugural., viernes, 4 dic · 18:30–18:30

Tamén en Poio e Ponte Caldelas aluman xa as cores do Nadal. Non houbo tampouco acto oficial de acendido a fin de evitar aglomeracións. Iso si, en Poio os perfís oficiais e a canle de Youtube do Concello ofrecen á cidadanía un vídeo no que poden visualizar a activación do alumamento, ademais dunha mensaxe institucional do alcalde, Luciano Sobral.

NIEVE. O día deixou este venres imaxes da primeira nevarada deste decembro, protagonizando estampas brancas. O contrapunto da xornada foron as incidencias provocadas polo temporal que afectou a toda Galicia e na provincia de Pontevedra de maneira máis intensa no interior. Lalín, A Lama, Forcarei e Rodeiro foron algúns dos concellos que recibiron a neve.Así, en Forcarei houbo que poñer en marcha un amplo dispositivo para facerlle fronte. Os operarios municipais estiveron toda a mañá esparexendo sal cunha pick up e quitando neve das estradas e algún autobús do transporte escolar tivo problemas para circular nalgún punto do concello.

En Lalín, a parroquia de Zobra quedou incomunicada sendo precisa tamén a intervención de Protección Civil coa cuchilla dianteira e o saleiro para facilitar a mobilidade. Outras estradas que rexistraron problemas foron a PO-371 en Pardavila, a A-52ó seu paso por Eidos do Medio; a EP-9006 en Xesteiriña, a PO-323 en Rorís, la EP-7001 en A Carballeira, a EP-4103 en Muíños ou a AG-53 en Cadabal.

Luces e neve marcan o inicio dun Nadal diferente na provincia
Comentarios