A ludoteca do Ganapán amplía a súa programación de talleres grazas ao Samaín

O obradoiro infantil de actividades culinarias e creativas celebrarase do sábado ao martes 
Participantes nunha edición anterior do Ganapán. DP
photo_camera Participantes nunha edición anterior do Ganapán. DP

Un terrorífico Ganapán que se prolongará durante catro días (ademais do sábado 29 e o domingo 30, o luns 31 de outubro e o martes 1 de novembro) convida á rapazada a celebrar o Samaín no Gastroespazo do Mercado cunha oferta de actividades culinarias e creativas coas que o pasarán de medo. Os nenos e nenas de 4 a 10 anos que desexen participar deberán reservar praza previamente a través do correo electrónico [email protected], indicando nesta comunicción se teñen algunha alerxia ou intolerancia.

Os talleres darán comezo o sábado 29 de outubro cun obradoiro no que os pequenos terán ocasión de elaborar chulas de calacú, unha sobremesa tradicional do Samaín, moi saborosa e fácil de preparar, e outro no que realizarán unha espectacular decoración con pratos e vasos que se converterán nunha vaixela pantasma. O domingo 30 de outubro desenvolverase unha actividade na que os rapaces cociñarán unhas galletas pantasma, ideais para os enfeites da Noite de Bruxas, e outra na que se deseñarán uns antefaces tan divertidos como aterradores.

Todas estas actividades desenvolveranse en horario de 11.30 a 13.30 horas na primeira planta do Mercado de Abastos de Pontevedra. É moi recomendable portar friameira para poder levar a casa as orixinais e saborosas receitas cociñadas. A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, animou á cativada a participar nesta programación.

Comentarios