A ludoteca do Mercado volve en xullo con obradoiros durante todas as fins de semana

As actividades de O Ganapán, dirixidas aos máis pequenos, celebraranse ata que remate o verán

Nenos durante una actividade da ludoteca celebrada o pasado ano. CONCELLO (2)
photo_camera Nenos durante una actividade da ludoteca celebrada o pasado ano. CONCELLO

A ludoteca do Mercado de Abastos de Pontevedra, O Ganapán, reinicia en xullo a súa actividade estival con obradoiros gastronómicos e artísticos para os máis pequenos da casa.

O programa de lecer infantil, destinado a nenas e nenos de catro a dez anos, desenvolverase todos os sábados e domingos en horario de 11:00 a 14:00 horas no primeiro andar do edificio da rúa Serra, sempre en dúas quendas: de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00 horas.

Os nenos deberán inscribirse previamente a través da dirección de correo electrónico [email protected].

Tal e como explica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, a ludoteca do Mercado "tivo que adaptarse, tanto no seu espazo como nas actividades deseñadas, á nova realidade post covid-19, para garantir a seguridade dos pequenos, mantendo as distancias de seguridade e evitando as interaccións entre eles". "Os contidos dos talleres, ademais de afondar na cultura do mar e da terra, como sempre, enfocaranse a reflexionar sobre a situación vivida durante a pandemia e a como adaptarse a esta nova normalidade. Ademais, promoverase a conciencia ecolóxica para salvar o futuro do noso planeta, con actividades como a elaboración de xabóns ecolóxicos ou a confección de máscaras artísticas", sinalou Blanco.

Para poder asistir ás sesións, dunha hora e media de duración, os nenos deberán inscribirse previamente a través da dirección de correo electrónico [email protected].

ACTIVIDADES DE XULLO
Sábado 4. A nova normalidade
Elaboración de xabóns caseiros e cubrebocas creativos As nenas e os nenos asumiron un gran compromiso e responsabilidade durante a pandemia. Queremos ensinarlles a elaborar o seu propio xabón de maneira sinxela e divertida e tamén máscaras de protección cos deseños máis creativos.

Domingo 5. Ao rico xeado!
O xeado é un dos doces que máis se desfrutar no verán. Aproveitando as froiterías que hai no noso Mercado, imos elaborar uns falsos xeados moi orixinais. Tamén faremos chapas con deseños surfeiros e chaveiros personalizados.

Sábado 11. Patacapizza!
Como no Ganapán somos moi creativxs, que vos parece se este verán lle damos unha volta á nosa cociña e ás nosas actividades, personalizando as nosas receitas e a nós mesm@s. Para iso propoñemos un menú moi especial: xa que en Galicia comemos tanta pataca, elaboraremos minipizzas empregando como base a pataca e, para rematar, ímonos retratar como o faría o mesmísimo Picasso.

Domingo 12. O meu acuario
Como no Ganapán nos gusta moito reciclar e reutilizar, ímoslle dar unha segunda vida aos tarros de cristal que temos gardados, creando os nosos propios acuarios. Encántanos a vida mariña e, como xa sabemos, grazas ao noso Mercado, o mar está habitado por unha gran cantidade de peixes... Tamén nos achegaremos ao conto Nadarin, de Eric Carle, que empregaremos como punto de partida da actividade.

Sábado 18. Postais botánicas
No Mercado tamén podemos atopar plantas e flores. Baixaremos por parellas (para manter a distancia de seguridade) e cada neno e nena elixirá unha flor, así tamén lles permitimos facer unha visita á primeira planta e coñecer e descubrir unha chea de flores. Con elas, deixaremos despois voar a nosa imaxinación para crear mundos botánicos, xa que as posibilidades do xogo e a imaxinación son infinitas. Faremos ilustracións, creando seres da natureza, aos que vestiremos con flores e follas adquiridas no Mercado.

Domingo 19. Ai que calor!
Estamos feitxs unhas larpeiras! Por iso, este domingo imos chupar os dedos cun doce sorpresa que prepararemos, e para soportar a calor do verán, o mellor son uns abanicos creativos e coloridos como os que elaboraremos entre todos e todas.

Sábado 25. Contos para abrir o apetito
No Ganapán, ademais de desfrutar cociñando, tamén nos gustan moito os contos, especialmente os que xiran en torno ao apaixonante mundo da cociña e dos alimentos. Para completar a xornada faremos uns divertidos e orixinais marcapáxinas, que quedarán moi ben nos vosos contos.

Domingo 26. Ao rico rolo!
Ímonos meter no mundo do wrapping. Un wrap é unha variante do taco ou burrito que inclúe recheos típicos de sándwich envoltos nunha tortilla ou outro pan plano brando. No Ganapán imos empregar tortillas de millo e distintos recheos con produtos saudables e saborosos do noso Mercado.

Comentarios