Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Batallán: "Galicia ten astenia, anorexia, anemia e un cancro que se chama Feijóo"

Batallán. SALVADOR SAS (EFE)
Batallán. SALVADOR SAS (EFE)

O cantautor e médico xubilado asegura que seguirá "a nivel político" coa súa protesta contra o presidente da Xunta, "o campión dos recortes"

O cantautor e médico xubilado Luís Emilio Batallán asegurou que seguirá "a nivel político" coa súa protesta contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que definiu como "o campión dos recortes". 

"Galicia ten astenia, anorexia, anemia e un cancro que se chama Feijóo", manifestou nunha rolda de prensa ofrecida este martes na sede do Colexio de Médicos de Pontevedra para agradecer o apoio recibido durante a súa folga de fame, que non retomará por prescrición facultativa. 

Na súa intervención, Batallán destacou que a súa "idea" é "seguir vivo" para ver "se algún día os galegos xubilan a Alberto Núñez Feijóo". "Espero que o pobo galego tome nota e a ver se nas próximas eleccións temos a sorte de sacar a esta persoa que lle está facendo tanto dano a Galicia", sinalou. 

E é que, no seu discurso, o cantautor cargou contra a política "austericida" do Goberno galego e saíu en defensa da sanidade pública para a que traballou como médico de cabeceira no Centro de Saúde de Moraña ata que se xubilou de xeito forzoso afectado o decreto da Xunta de 2013 que obriga a estes profesionais a xubilarse aos 63 anos. "Foi un ere encuberto", insistiu mentres espera unha sentenza favorable ao recurso que presentou ante o Tribunal Supremo. 

Así mesmo, instou aos grupos da oposición a que reclamen no Parlamento un informe do Consello de Contas referido ás xubilacións dos facultativos "que cifra en 200 millóns de euros o custo de todas as demandas presentadas". 

"Feijóo non é un presidente digno de estar en Galicia". "Se queda xente con algo de dignidade no Partido Popular, que lle fagan unha moción de censura a este presidente e bóteno", subliñou. 

Batallán: "Galicia ten astenia, anorexia, anemia e un cancro que se...
Comentarios