miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Luís Rei presenta os avais para ser candidato de Marea Pontevedra á Alcaldía

Luís Rei. DAVID FREIRE
Luís Rei. DAVID FREIRE

O escritor e xornalista asegura que é "un pontevedrés que camiña á beira de moitas outras persoas"

O actual portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, presentou os avais para concorrer ás primarias da formación para encabezar a lista electoral que competirá polo goberno da localidade nas próximas eleccións municipais de 2019.

O escritor e xornalista presentou este venres os avais para tal fin. "Son un pontevedrés que camiña á beira de moitas outras persoas", afirmou. "É unha honra que unha ducia de bos e xenerosos me acompañen agora", engadiu.

Na presentación da súa candidatura, Luís Rei fixo un pequeno balance da experiencia de Marea Pontevedra despois de tres anos e manifestou o seu "orgullo" por contar con "apoios significativos" na cidade, con "persoas-chave" na defensa da sanidade e do ensino, "servizos públicos e de calidade", representantes da autodefensa social, "cristiáns de base" e do movemento veciñal.

A candidatura de Luís Rei foi avalada por Anxo Corbillón, economista; Carmen González, concelleira de Marea Pontevedra; Manuel Martín, médico de familia; María Luisa Lores, radióloga; Manuel Xesús Fontán, técnico forestal; Rosina Hermida, activista contra a pobreza; Pepa Vázquez, traballadora social; Guille Casalderrey, arquitecto; Sara Valenzuela, profesora de historia; Antonio de la Peña, arqueólogo; José Luis Vidal Laiño, movemento veciñal e Paula Piay, psicóloga.

"Agora demostramos ser xa un proxecto asentado na cidade. Estamos en Pontevedra para quedar, ninguén o dubida, e o realmente decisivo é merecer o crédito da sociedade civil", concluíu.

Luís Rei presenta os avais para ser candidato de Marea Pontevedra á...
Comentarios
ç