viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Luísa Sobral e Morgan actuarán o ano que vén en Pontevedra

Luìsa Sobral. ADP
Luìsa Sobral. ADP

A Concellería de Cultura busca arroupar o modelo urbano cun salto de calidade na programación que inclúe, entre outras cousas, a presentación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil na Librería Lello de Oporto e a exposición da ilustradora Ana Juan no Pazo da Cultura para o primeiro trimestre de 2019

A autora da canción Amar pelos dois, que gañou o Festival de Eurovisión en 2017, a portuguesa Luísa Sobral (irmá do artista que a interpretou, Salvador Sobral) actuará en Pontevedra o ano que vén. Cantante e compositora, Sobral presentará en directo na cidade do seu último traballo, Às 5as no jardim. É un dos avances da programación que a Concellería de Cultura de Pontevedra prepara para o ano que vén e coa que pretende arroupar o modelo urbano ofrecendo un salto de calidade. No ámbito musical, ademais do concerto de Sobral tamén se anunciou o do grupo de rock Morgan, enmarcado no ciclo 'As matinés do Principal'. Os dous recitais non teñen aínda a data confirmada.

A concelleira Carme Fouces, durante un almorzo informativo cos medios de comunicación, quixo explicar as liñas de traballo que se estaban a seguir de cara a conformar unha programación ambiciosa no ámbito cultural para 2019. "Porque a cidade deu un salto moi importante este último ano e a cultura ten que estar aí". Entre outras cousas, tamén se anunciou a presentación internacional do Salón do Libro Infantil e Xuvenil na Librería Lello de Oporto (un espazo que inspirou a J.K. Rowling para Harry Potter) o próximo 2 de novembro. "Completarase con ela o resto de presentacións que realizaremos por centros escolares e culturais de distinto tipo", contou Fouces.

Asemade, a concelleira anunciou que o calendario expositivo do Pazo da Cultura se inauguraría o ano que vén cunha grande mostra de Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración en 2010 e autora de portadas de prestixio internacional como The New Yorker, e que a intención do seu equipo é a de ampliar as propostas teatrais que chegan á cidade a través dos programas Platea e da Rede Galega de Teatros con outras de corte máis alternativo como a que traerá a obra 'Vía Morta', protagonizada por Willy Toledo, en marzo.

Fouces tamén lle adiantou aos medios que a súa intención, de cara ao ano que vén, é que o espazo que actualmente ocupan distintas oficinas municipais no Teatro Principal (Disciplina, ARI, etc.) se trasladen ao edificio da rúa Ferreiros e o inmoble do Principal se adique por completo a cuestións relacionadas co ámbito cultural.

Luísa Sobral e Morgan actuarán o ano que vén en Pontevedra
Comentarios
ç