Un luxo para moitos mozos: alugar un piso compartido en Pontevedra

A xuventude ve frustrados os seus soños de independizarse ou perseguir unha oportunidade laboral polos "nefastos" condicionantes para arrendar unha vivenda na cidade
Tres jóvenes, en busca de un alquiler en Pontevedra. N.P.
photo_camera Tres jóvenes, en busca de un alquiler en Pontevedra. N.P.

Sae unha oportunidade. Pode que para ser o novo bolseiro dunha empresa, para empezar ou continuar coa carreira universitaria, ou mesmo, intentar independizarse, pero hai un paso que ningunha persoa moza se pode saltar: a procura dun aluguer. Unha odisea que, ano a ano, convértese nun pesadelo para moita xente, sobre todo persoas entre os 18 e os 35 anos. É unha realidade que viven agora mesmo os mozos en Pontevedra. 

Para Pablo Valladares non foi tarea fácil. "Eu atopeime con xente que directamente, por ser xove, negáronse a alugarme un piso, ou ben por ser unha persona en prácticas". Este tipo de respostas, son moi habituais. Sucedeulles a Aida Álvarez, André Díaz Domínguez, Ana Enériz Janeiro, Borja Pombo e José Villaverde. Eles son algunhas das persoas que falaron para Diario de Pontevedra e comentaron cómo viviron esta situación. "Yo estuve buscando piso desde mayo. Había habitaciones, pero decían que tenía que ser solo para el curso escolar y yo necesitaba el piso para ya", comenta Ana Enériz engandindo, como o caso de André, que "un piso para mí solo era inviable puesto que subían de 500 euros para arriba y no lo podía asumir". 

André Díaz, artista e tatuador
"Te obligaban a suscribir un alquiler durante un año y asumir que el precio subiría"

En moitos casos, a estos condicionamentos sumábase outro, segundo din: "Tes que firmar un contrato dun ano sen saber que vai ser da túa vida ao mes seguinte". Outra prioridade son os pisos reservados para turistas. "Me decían todo el rato que ellos no alquilaban en verano puesto que es vivienda vacacional y eso me supuso un obstáculo", comenta Borja. Aínda así o que máis recalcan todos é que o maior problema que tiveron foi a suba do valor dos alugueres, o que lles obrigaba a buscar compañeiros de piso. "Residí en A Coruña mucho tiempo y, aunque los precios también subieron, yo vivía allá por mucho menos dinero que lo que cuestan aquí para mi sola". 

A suba de prezos e as condicións dos donos poñen cada vez máis "impedimentos" para que as persoas de idades comprendidas entre os 20 e os 35 anos atopen un fogar. En moitos, como di Valladares e a súa parella Aida Álvarez, indicaban que algunhas das súas complicacións son que algúns donos non querían xente que comezaba coas súas primeiras experiencias laborais e, no caso de aceptar, non terían dereitos sobre o seu novo fogar. "Querían que dejáramos el piso, en cualquier momento para que el dueño pudiera enseñárselo a futuros compradores".

Pablo Valladares, físico
"Eu atopeime con xente que, por ser xove, negáronse a alugarme un piso, ou ben por ser unha persona en prácticas"

Estos "ataques" á intimidade persoal compleméntanse, moitas veces, coas "nefastas" condicións nas que se promoven os alugueres: "Había pocos y, calidad-precio, era algo desmadrado", dice André, además de indicar que "es un espacio muy pequeño para el precio que se paga y hace años, eso no pasaba". Ademáis, engade cuestións como que "tenías que firmar durante un año y asumir que el precio subiría. No me parece muy razonable. Antes los contratos podían ser de menos meses". 

"Non hai pisos no verán" 

Verdade ou mito, o certo é que todo aquel que buscou algunha vez piso, sempre tivo en conta os movementos migratorios dos estudantes. Esas correntes que van de setembro a xuño sempre indicaron que os pisos de menor custo estarán ocupados e, como depredadores, espérase que os meses do verán sexan máis doados para atopar esa oportunidade de formar un fogar. Porén, para estes protagonistas —e outros moitos anónimos—, non se cumpríu a lenda. "Estuve mes y medio buscando", explica Ana. "Si que se veían más pisos, pero solo te los ofrecían para todo un curso o año, ese es el problema que yo tuve". 

Ana Enériz, socióloga
"Veía más pisos, pero solo te los ofrecían para todo un curso o año; ese es el problema que yo tuve"

No caso de Borja Pombo, aínda segue buscando e recoñece que "piden moitas fianzas por adiantado e a miña economía non esta para iso". Borja e José Villaverde, engaden a este discurso que non cren que o problema sexan os pisos turísticos, senón as trabas aos pisos de estudantes e as trabas ás persoas novas. 

A outra cara da moeda 

Para as inmobiliarias, parece que a situación é complicada. Dende hai catro anos o panorama dos alugueres cambiou de tendencia e "un 60% dos pisos que había fóronse ao turismo vacacional" provocando unha "carestía" dos alugueres normais e a subida dos prezos. "As axencias podemos orientar os donos, pero se os donos non aceptan non podemos facer nada". 

Borja Pombo, estudiante
"Piden moitas fianzas por adiantado e a miña economía, igual que a de moitos outros, non esta para iso"

Outras teorías que se contemplan neste círculo vicioso sistemático son, segundo indican as axencias, un tipo de seguros, Bien Pagos de Alquiler, promocionado polas aseguradoras para protexer e "asegurar ao dono por se algún inquilino non paga algunha cota". 

Porén o punto clave é que o pago destes seguros non o fan os arrendadores, senón que soben máis o valor das súas propiedades e, "a metade do prezo, maioritariamente, vai marcado pola incorporación destas pólizas. E é feo facerlles pagar aos arrendatarios sin que sexan conscientes". Ademais, estes seguros non permiten alugar o piso a persoas que leven pouco tempo nunha empresa. "O propio seguro non deixa a menos que teñas un ano nunha empresa". Polo que, con esta nova tendencia, promóvese máis a "precariedade" dos xoves que queren comezar a súa vida nun lugar novo.

Comentarios