O LVII Concurso-Exposición Internacional da Camelia inaugúrase esta tarde

As cores das camelias engalanarán durante esta fin de semana a Avenida Montero Ríos e o Pazo Provincial coa celebración do LVII Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que regresa tras o parón provocado polo covid-19
El Recinto Feiral de Pontevedra abarrotado por el Concurso de Exposición Internacional de la camelia. RAFA FARIÑA
photo_camera Imaxe dunha edición anterior do Concurso de Exposición Internacional da camelia. RAFA FARIÑA

A Deputación de Pontevedra-organizadora este ano- inaugurará o certame esta tarde ás 17.30 horas no Pazo Provincial, que lucirá unha lona na súa balconada principal coa imaxe desta edición, e contará cunha gran carpa aberta de máis de 600 metros cadrados no paseo de Montero Ríos, que estará conectada mediante unha alfombra vermella ao edificio provincial.

Este sábado, a mostra poderá verse ata as 21.00 horas e este domingo o seu horario de apertura será de 10.00 a 20.00 horas. Ademais, ao carón da carpa habilitarase un espazo con postos con produtos obtidos a partir da camelia como o té ou o aceite, que teñen grandes beneficios para a saúde humana, así como con un photocall natural no xardín situado entre o Pazo Provincial e o instituto Valle Inclán.

A exposición será unha das poucas que se celebren este ano en torno á camelia, polo que acollerá ás mellores pezas.