Maio Mes da Lingua: corenta actividades para "chegar ao público máis novo"

O proxecto da Concellería de Normalización Lingüística promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo

Cartaz de Maio Mes da Lingua deseñado por Alba Castillo. DP
photo_camera Cartaz de Maio Mes da Lingua deseñado por Alba Castillo. DP

Maio Mes da Lingua –o proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo– programa ao longo dos vindeiros trinta días corenta actividades nas que participarán 2.000 nenos e mozos.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou este martes a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades colaboradoras que nunca.

O programa arrinca este mércores coa Festa dos Maios, que terá lugar na Ferrería a partir das 11.00 horas e inclúe obradoiros, xornadas, cinema, teatro, roteiros, recitais, conferencias… e citas de programas como a Final do Club de Debate, Ben Veñas Maio ou Apego, e mesmo a promoción dos 1º Premios Mil Primaveras.

"Chegar a máis público, chegar ao público máis novo" é unha das liñas estratéxicas da Concellería de Normalización, lembrou Alberto Oubiña. Neste eido traballouse na elaboración dunha programación "dinámica e viva", da que se dará conta ao día a través da web do Concello.

Comentarios