Máis de 650 nenos participarán desde este luns nas escolas deportivas da Deputación

O programa arranca coa práctica de nove modalidades deportivas 

Carmela Silva. EFE
photo_camera Carmela Silva. EFE

Co inicio do mes de marzo, a Deputación de Pontevedra arranca tamén o programa DEPOrte Escolas. A partir deste luns, máis de 650 nenos e nenas en idade escolar da provincia practicarán nas diferentes escolas deportivas ata nove modalidades: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e tawkwondo. Este programa, de carácter gratuíto, levarase a cabo grazas á colaboración e coordinación da Deputación coas federacións deportivas 

As escolas que se desenvolven no marco deste programa prolongaranse ata o mes de  xuño, excepto as da modalidade de piragüismo que rematarán no mes de setembro. Todas elas seguirán o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para garantir a seguridade sanitaria na súa realización así como cunha persoa responsable designada por cada federación. 

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra achega as DeporteEscolas a 27 concellos da provincia, que neste caso son A Cañiza, A Guarda, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Gondomar, Mondariz, Moraña, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén,  Pontevedra, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.
 

Comentarios