Máis exames, menos nervios

Após superar o primeiro día, o alumnado pontevedrés retomou a Abau con máis calma Galego, mates e latín, asequíbeis; o vocabulario de inglés, o maior contratempo
O alumnado descansando após unha das probas. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O alumnado descansando após unha das probas. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

COA PRIMEIRA experiencia aínda fresca, o alumnado de segundo de bacharelato reuniuse ao longo deste xoves para continuar coas probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (Abau). Unha xornada marcada por un descenso xeralizado dos nervios respecto da xeira anterior: "Hoy estoy bastante mejor, ayer fue horrible". Con todo, a algún as materias do día preocupábanlle máis que as da xornada previa: "hoy tengo más exámenes que o mércores, y también son más importantes. Por ejemplo, mates".

As probas comezaron un pouco antes dás 09.00 horas, por mor de ter que cumprir os protocolos de seguridade establecidos, co exame de Lingua Galega e Literatura, de carácter obrigatorio. Unha vez rematado, ás 10.30 horas, producíuse o primeiro descanso e os primeiros intercambios de impresións, nos que a maioría tildou o exame de "asequíbel".

Coa chegada do reloxo ás 11.00 horas, era a quenda do exame daquela materia escollida como primeira lingua estranxeira, para o que se ofertaba francés,portugués, alemán ou italiano. Con todo, na meirande parte dos casos a elexida foi o inglés. Unha disciplina cuxo exame resultou ser dos máis complicados. Algúns até se queixaron dunha das preguntas: "Una de vocabulario, que eran sinónimos y había un par de palabras que se atragantaban", aseguraron dúas alumnas do IES Valle-Inclán.

Rematada esta proba, concluía para algúns esta particular selectividade tan marcada pola Covid-19. Para outros, a xornada tan só acababa de comezar. O prato forte de entre as optativas do día chegaba ás 13.00 horas, con matemáticas e latín. Con todo, ningún dos dous exames presentou maior dificultade. Ao rematar, un parón de 14.30 a 16.00 horas para dixerir a comida e os nervios que puidesen quedar, e volta a comezar.

No primeiro tramo da tarde foi o turno dos exames de Debuxo Técnico, Artes Escnénicas e da Segunda Lingua Estranxeira. A continuación, as probas de Química e Grego, que se extenderon até as 19.30 horas, concluiron a segunda xornada da selectividade galega na cidade.

FACILIDADES. En termos xerais, a impresión de atoparse ante unha edición da ABAU máis sinxela que a de anos anteriores repítese entre o alumnado: "Sí que lo he notado. Me comentaron cómo fue el año pasado comparado con este, y doy bastante las gracias. Aunque bueno, eso de que sea tan fácil, también mete una presión extra". De novo, os alumnos sinalaron o acerto de primar a opcionalidade xeral fronte aos tradicionais modelos A e B.

PROTOCOLO. Ao igual que os exames, as medidas de seguridade por mor da Covid-19 continuaron en todos os espazos habilitados para a realización das probas. Respecto das máscaras, o alumnado agradeceu o descenso das temperaturas, á hora de facilitar poder tolerar o seu uso obrigado entre proba e proba: "es complicado, sobre todo si hace tanto calor como ayer. Pero bueno, es necesario".

Comentarios