Máis de vinte actividades na primeira fin de semana de Noites Abertas

O CEIP Froebel, a Casa Azul, a Casa da Luz e o Local de Música acollerán esta primeira quenda das propostas

Presentación de Noites Abertas 2019. CRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Presentación de Noites Abertas 2019. CRISTIAN FERNÁNDEZ

Xa está aquí unha nova edición de Noites Abertas. Este venres ponse en marcha o progtsama, promovida pola Concellería de Xuventude, e que conta cunha oferta de 21 actividades de lecer na súa primeira fin de semana. O CEIP Froebel, a Casa Azul, a Casa da Luz e o Local de Música acollerán esta primeira quenda.

Se na primeira edición o programa municipal de ocio xuvenil contou cunha oferta de 13 actividades diferentes, coa colaboración de 9 asociacións e unha empresa e un orzamento de 6.000 euros; vinte edicións máis tarde temos por diante un programa de 96 actividades (e 234 sesións diferentes), con 161 monitores, un director de actividades, cinco persoas de control de instalacións; dous axentes e un estudante en prácticas de Igualdade; e a colaboración de 21 asociacións e clubs deportivos e 18 pemes e emprendedores.

En total serán nove fins de semana nas que os mozos e mozas de Pontevedra terán a posibilidade de participar nunha chea de actividades de lecer, musicais,deportivas, colaborativas e formativas. Todas as actividades son de balde aínda que hai algunhas con prazas limitadas. Cando a demanda sexa máis que oferta, sortearanse ditas prazas.

PROGRAMA. A partires das 20.00 horas deste venres o CEIP Froebel acolle un obradoiro de esgrima e lota escénica, así como tenis de mesa libre. Ás 21.00 horas comeza un obradoiro de goalball, e a actividade Telenoites. Tamén neste centro impartirase un taller de cociña e sobremesas veganas, unha actividade de creación de imaxes con haikus ilustrados e teatro creativo feminista.

A Casa Azul será escenario dun taller de estampado de camisetas Tie Dye e outro de meditación e alquimia taoísta. Pola súa banda, o Local de Música acolle un curso de iniciación á batería e o Music Lab sobre App para craer música.

Máis información en www.noitesabertas.gal.

Comentarios