lunes. 21.09.2020 |
El tiempo
lunes. 21.09.2020
El tiempo

A 'Malaherba', a nova obra de Manuel Jabois

O xornalista e escritor sanxenxino publicará nova novela o 16 de maior da man de Alfaguara

A portada do libro, cunha foto de Alain Laboile. DP"Bien sabe Dios que es más peligrosa la pena que el odio, porque el odio puede destruir lo que odias, pero la pena lo destruye todo". É unha das frases que se poden ler en Malaherba, a novela que o xornalista e escritor Manuel Jabois publicará o 16 de maio. O libro supón o salto da editorial Planeta a Alfaguara e a volta do autor á ficción, tralo seu debut literario en 2008 coa novela A estación violenta (Rinoceronte).

Malaherba sérvelle a Jabois para contar a historia dun neno de dez anos, Mr Tamburino, Tambu, que se enfronta por primeira vez ao amor e á morte. "Descubrirá por primera vez el amor y la muerte, pero no de la forma que él cree", explica Alfaguara. "Esta es una historia de dos niños que viven una extraña y solitaria historia de amor".

Os compañeiros de aventuras de Tambu nesta historia, que tamén retrata un tempo e un lugar concretos, son a súa irmá, Rebe, e os seus veciños e amigos Elvis e Claudia. "Vivirán juntos los últimos días de la niñez, esos en los que aún pasan cosas que no se pueden explicar y sentimientos a los que todavía no se sabe poner nombre". Para a editorial, este é "un libro sobre las cosas terribles que se hacen con cariño, escrito con humor y una prosa rápida que avanza llevando [a los niños] (...) a la frontera de un mundo nuevo".

DIARIO. Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978), que estudou no colexio de Campolongo e no instituto Sánchez Cantón, comezou a súa carreira xornalística no Diario de Pontevedra en 1998, exercendo como corresponsal de Sanxenxo. Dende aí deu o salto á redacción do xornal en Pontevedra, onde pasou por diferentes seccións e consolidou a súa faceta como columnista. Polo seu artigo Man gañou en 2003 o Premio Julio Camba de Periodismo, converténdose no autor máis novo en conseguilo. En 2013 fichou polo periódico El Mundo e en 2015 pasou a formar parte da redacción de El País, na que segue traballando.

Tras debutar na literatura con A estación violenta, que foi recentemente levada ao cine, Jabois publicou, en 2011, a recompilación de columnas Irse a Madrid (Pepitas de calabaza); en 2012, o ensaio sobre a súa relación co Real Madrid C.F. (Libros del KO); en 2013, o ensaio sobre a súa experiencia previa á paternidade, Manu (Pepitas de calabaza"), e, en 2016, unha reportaxe novelada sobre o único menor implicado no 11-M, Nos vemos en esta vida o en la otra (Planeta).

Un proxecto apegado a Instagram
Manuel Jabois e a súa parella, Gabriela González, comparten unha conta en Instagram, dunha importante pegada literaria: @malaherba__. Nesa rede social, así como en Facebook e Twitter, foi que o autor compartiu onte a portada da súa nova novela e avanzou parte do seu primeiro capítulo. "Aunque lo parezca, la novela Malaherba no tiene nada que ver con la cuenta Malaherba. Yo le robé el nombre de Instagram a G. para un personaje, y el personaje acabó robándome a mí", explicou Jabois.

 

A 'Malaherba', a nova obra de Manuel Jabois
Comentarios