"Mamá, podo tocar a lúa!"

As Anpa da EEI Fina Casalderrey e do CEP Marcos da Portela, de Monte Porreiro, e do CEIP de Marcón alíanse para instalar un planetario no que decenas de escolares observan o Universo
O planetario, con forma de iglú, está instalado estes días no pavillón de Monte Porreiro e o venres trasladarase ao colexio de Marcón. GONZALO GARCÍA
photo_camera O planetario, con forma de iglú, está instalado estes días no pavillón de Monte Porreiro e o venres trasladarase ao colexio de Marcón. GONZALO GARCÍA

"Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma irá á montaña". Co espírito desta popular frase, tres Anpa pontevedresas uniron as súas forzas –e os seus petos– para organizar unha actividade que está encandilando aos escolares dos tres centros educativos implicados. Trátase da instalación dun planetario móbil que ata finais desta semana estará no Pavillón Municipal de Monte Porreiro e a continuación se trasladará ao CEIP de Marcón.

"Queríamos llevarlos al planetario de A Coruña, pero era un viaje largo, resultaba muy caro con un autobús para cada clase...", explica Ana Rial, presidenta da Anpa Os Campos, da EEI Fina Casalderrey, cun alumnado de entre tres e cinco anos. Así que se aliaron coa Anpa O Mirador, do CEP Marcos da Portela, e coa do CEIP de Marcón e, entre as tres "amortizamos el gasto" que supón traer a Pontevedra a instalación de AstroAfición, "una empresa con diez años de experiencia en la divulgación de la astronomía para todas las edades", segundo explica no seu folleto.

A actividade, adaptada a cada rango de idade, dura unha hora, polo que cada vez participa o alumnado dunha aula, en modo grupo burbulla. "Durante media hora ven un vídeo de los planetas, de como se mueven los satélites, como chocan los asteroides... Es como la sensación de estar viéndolo en tres dimensiones. Parece que están tocando los planetas", apunta Rial. Durante a outra media, "mientras se desinfecta el iglú, participan en un taller creativo" adaptando aos distintos rangos de idade. Nel elaboran cohetes ou cráteres lunares, ven o sol ou tocan unha pedra de meteorito.

Tanto a rapazada como as profesoras coincidiron en que é "espectacular" e, ademais, é unha actividade que cumpre todas as medidas anticovid.

Rial engade que "ya que los niños no pueden ir a ningún lado, esta es una buena alternativa", que recomenda a outras asociacións de nais e pais de alumnado da cidade que se queiran apuntar. "Muchos nos están preguntando y, aunque la empresa está en Madrid, si reúne dos o tres colegios interesados en Galicia ya le compensa subir otra semana en enero o febrero".

Comentarios