jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

IV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALICIA: DAS MADAMAS AOS PRADICADORES

Cabada reivindica os personaxes do Entroido nun pregón "murgueiro"

Manuel Cabada interpretando un tema coa murga PTV
Manuel Cabada interpretando un tema coa murga PTV
A Praza da Ferrería acolle a primeira xornada de festa, protagonizada pola murga PTV, que este ano celebra o seu 25º aniversario ► O pregoeiro, que lle adicou ás murgas boa parte da intervención, conseguiu disfrazar ao alcalde

"Aos amantes do Entroido, benvidos!". Coa súa particular versión de Bienvenidos, de Miguel Ríos, comezou Manuel Cabada o seu pregón do Entroido deste ano en Pontevedra. Ao máis puro estilo "murgueiro". Fíxoo precisamente arroupado pola murga na que milita, PTV, que este ano celebra o seu 25º aniversario, e fíxoo reivindicando a importancia destas agrupacións e do certame no que participan no conxunto da programación da festa. "Este é o Entroido urbano máis senlleiro de Galicia, quero dicir, do mundo, e as murgas son, con perdón de todo o demais, o máis potente do Entroido". 

O empresario e personaxe fundamental da historia desta festa en Pontevedra lembrou anécdotas e figuras nun pregón que este ano se trasladou á Praza da Ferrería. Alí traballaron as filloeiras a última hora da tarde e por alí foron aparecendo as comparsas Os Solfamidas de Campo Lameiro, Las Flores del Carnaval de Monte Porreiro, Amoriños de Bora, Os Canecos de Poio e Os Paparrulos de Marín arredor das nove da noite. Os seus ritmos carnavalescos precederon, como é habitual, a chegada dun dos personaxes máis importantes do Entroido de Pontevedra, o Rei Urco, encargado de inauguralo xunto ao alcalde. 

"Pero, alcalde, non ves disfrazado? Se todos sabemos que grazas a disfrazarte de Astérix gañaches as eleccións!"

A Miguel Anxo Fernández Lores, que normalmente se limita a saír ao escenario para saudar a Urco, este ano tocoulle desempeñar un papel máis importante. Cabada reclamouno para facerlle entrega dunha "medalla conmemorativa" dos PTV e cando o tivo diante recriminoulle non disfrazarse. "Pero, alcalde, non ves disfrazado? Se na Feira Franca todos te vemos vestido de rei ou de guerreiro. Pero isto non pode ser. Hai que arranxalo! Se todos sabemos que grazas a terte disfrazado de Astérix foi que gañaches as últimas eleccións!". E mentres Cabada falaba, un dos membros da murga íalle colocando unha perruca e un mandilón a Lores, que se deixaba facer. 

ABEL. O pregoeiro e os PTV, vestidos de presidiarios, interpretaron varios temas e remataron o pregón tal e como rematan a actuación no certame das murgas, cantando "auxilio, socorro, este Carnaval me vuelve loco". Lembraron letras que lle teñen adicado ao longo dos anos a personaxes populares de Pontevedra como Sarandeses, Antonio Reguera, Gerardo Lorenzo, Petete, Rafael Pintos ou Pedro Rivas, ao tempo que avanzaron algunha letra deste ano. "A ver se adiviñades a quen está adicada", propuxo Cabada. "Abel se llama, pero parece Caín/ de caballero solo tiene el apellido". 

Cabada rematou declarándolle o seu amor a Pontevedra, "aínda que de PTV só teña o nome da murga", e ao Entroido, "a festa que nos permite transformarnos no que queremos".

Cabada reivindica os personaxes do Entroido nun pregón "murgueiro"
Comentarios
ç