Maravallada cántalle 'Á de Lupe'

O bar cambadés é homenaxeado na IV Gala dos Cantos de Taberna
Un momento do espectáculo deste venres no Teatro Principal. GONZALO GARCÍA
photo_camera Un momento do espectáculo deste venres no Teatro Principal. GONZALO GARCÍA

A IV Gala dos Cantos de Taberna de Pontevedra, que organiza a agrupación Maravallada en colaboración co Concello, serviu para renderlle homenaxe ao bar 'A de Lupe' pola súa contribución á conservación da música popular galega. "Despois de recoñecer o traballo do grupo A Roda, da taberna A Navarra e da proposta 'Vilaxoán Canta', este ano quixemos renderlle homenaxe a este local cambadés no que os parroquianos se reúnen para cantar con total liberdade", explicou Mar Fernández, de Maravallada.

A Gala dos Cantos de Taberna tivo lugar na noite deste venres no Teatro Principal e contou coa participación da agrupación O dos fondo da barra, que dirixe Quique Peón. Presentou o espectáculo Luis Caruncho. 'A de Lupe' recibiu a 'Cunca Maravallada', unha peza artística que cada ano realiza un autor. Neste caso tratouse dun cadro en tinta china sobre lenzo, obra do arquitecto e muralista Miguel Valiñas Otero. Ao remate da gala, a festa continou no bar Americano e na Adega dos Avós.

Comentarios