A Marcha contra o Cancro blindará ao tráfico toda a zona monumental

Zona
photo_camera Zona afectada polas restricións ao tráfico. DP

De 9.30 a 13.00 horas, a extensión da cidade de Pontevedra incluida na zona sombreada permanecerá pechada ao tráfico este domingo por mor da celebración da Marcha contra o Cancro.

Os residentes da zona monumental poderán sair por Mestre Mateo/Prudencio Landín a partir das 11 horas, aproximadamente, unha vez quede despexada de participantes a zona indicada.

O tramo das Avenidas de Uruguai e Bos Aires comprendido entre as pontes das Correntes e a de Santiago permanecerá pechado ao tráfico en ambos os sentidos durante a celebración da proba.

Comentarios