Marcha en defensa da Fracha con 14 paradas

Máis de 50 persoas percorren os montes de Pontevedra, Ponte Caldelas e Soutomaior para denunciar o proxecto que quere implantar case unha quincena de aeroxeneradores.Algunhas zonas, como Baltar "quedarán asediadas polo cableado"
RoboCopy ONTE CALDELAS_ Xustans_ Marcha polos montes da Fracha_ parque eolico
photo_camera Un momento da marcha por montes de Pontevedra, Ponte Caldelas e Soutomaior. RAFA FARIÑA

Máis de medio cento de persoas acudiu este domingo á marcha reivindicativa polos montes da Fracha e parroquias aledañas de Ponte Caldelas, Soutomaior e Pontevedra para ver de cerca os escenarios nos que unha firma eólica pretende implantar 14 aeroxeneradores e toda a infraestrutura de explotación que os sostería.

Na cita estiveron o deputado por Pontevedra Luís Bará así como os concelleiros da cidade do Lérez Demetrio Gómez, Alberte Oubiña, Raimundo González e Pilar Comesaña, ademais de diversos militantes —algún deles da zona afectada por outros parques en Cerdedo-Cotobade—, así como veciños e representantes sociais.

RoboCopy ONTE CALDELAS_ Xustans_ Marcha polos montes da Fracha_ parque eolicoO encargado de guiar parte do percorrido foi o responsable da Comunidade de Montes de Taboadelo, Xabier Lourenzo, que fixo paradas en zonas do interior de Taboadelo, no espazo de Cruz do Brasil, en Cristo Rei e montes de Baltar, nos terreos comunais da Reigosa e, finalmente, nos montes de Marcón e Tomeza, en plena zona do Parque Forestal de Pontevedra, onde houbo música e un descanso algo máis relaxado, ademais das reflexións dos participantes sobre o impacto do proxecto.

Actualmente o permiso para o parque eólico da Fracha non se está tramitando, senón en fase de petición (o primeiro dos trámites ante a Xunta), pero xa se coñecen datos da intención da empresa grazas ao traballo de compilación de información que está chegando ás comunidades de montes implicadas, coas que se está reunindo unha firma intermediaria.

"Percorremos máis de once quilómetros, vimos terreos nos que se está investindo e desenvolvendo plans forestais, con esforzo das comunidades de montes, e vimos puntos polos que, de pasar as liñas de tensión, quedará todo asediado", indicou Xabier Lourenzo, quen, sostén "neste proceso estamos atopando gran concienciación veciñal, porque hai anos un plan eólico non era rexeitado en ningures, pero hoxe en día a xente xa sabe que non producen os postos de traballo prometidos, nin tampouco os beneficios. Neste caso, estariamos a falar de que un 1% do producido quedaría no terreo, en termos económicos", apuntou.

RoboCopy ONTE CALDELAS_ Xustans_ Marcha polos montes da Fracha_ parque eolico

Lourenzo destacou casos que están chamando poderosamente a atención da vecindade, como o de Baltar, onde xa se debateu con gran polémica o asunto nunha asemblea de comuneiros e comuneiras. "Entre as liñas de tensión de parques que xa hai, as deste outro e as que se supón que van chegar derivando corrente dos parques da zona de Cotobade, este pobo vai estar arrodeado de corredores eléctricos, e cando digo arrodeado quero dicir, os catro puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste".

A marcha para visibilizar o impacto dos eólicos non é a única iniciativa do BNG que ten que ver coa comarca de Pontevedra. A formación nacionalista vén de pedir que a Xunta free a expansión do negocio eólico en Tabeirós-Terra de Montes, onde, de once parques proxectados, cinco afectan a Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade-. Así mesmo, tamén denuncia a invasión eólica do Suído (A Lama) con máis de 80 aeroxeneradores.

Comentarios