viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

En marcha o Plan Composta, que recollerá os primeiros biorresiduos da cidade

Colocación de colectores fronte o Mercado de Abastos. GONZALO GARCÍA
Colocación de colectores fronte o Mercado de Abastos. GONZALO GARCÍA
No centro histórico os colectores marróns colocaranse a partir das 20.00 e recolleranse pola mañá para non danar a imaxe turística da cidade

O Concello de Pontevedra comezou este luns o operativo para poñer en marcha o Plan Composta, que xa recolleu os primeiros biorresiduos na ruta establecida no centro histórico e no ensanche da cidade. O primeiro lixo orgánico será o dos produtores singulares (establecementos comerciais), e nos vindeiros días empezaran a sumarse os domicilios particulares que queiran participar deste plan experimental voluntario e de balde.

O concelleiro responsable de Residuos, Raimundo González, estivo supervisando durante a fin de semana o operativo de despregue dos cubos e pequenos colectores aos produtores singulares (Mercado de Abastos, restaurantes, fruterías, supermercados...), e na xornada o remate da colocación de todos os colectores marróns de rúa que se abrirán cunha tarxeta-chave. Como singularidade no centro histórico, estes colectores colocaranse todos os días pola noite e recolleranse ao día seguinte sobre as sete da mañá para non danar a imaxe do principal centro de interese turístico da cidade.

O Plan Composta levantou moitas expectativas nestas primeiras horas de andaina. O Concello ten moitas peticións de particulares que solicitan a súa participación no programa. Todas elas serán atendidas seguindo a campaña de concienciación cidadá porta a porta que comezou este luns e rematará, segundo as primeiras previsións, arredor do 30 de setembro. As visitas aos domicilios xa se inciaron comezando pola Peregrina.

En marcha o Plan Composta, que recollerá os primeiros biorresiduos...
Comentarios