En Marea afirma que os Orzamentos autonómicos esquecen ós pontevedreses

Villares e González lamentan que o Goberno galego "desatende as demandas sanitarias, educativas, e ambientais" da cidadanía da Boa Vila
Peque González e Luís Villares, este xoves na cafetería Carabela. G. GARCÍA
photo_camera Peque González e Luís Villares, este xoves na cafetería Carabela. G. GARCÍA

O voceiro de En Marea, Luís Villares, acudiu este xoves a Pontevedra xunto a Peque González para denunciar que os Orzamentos da Xunta "esquecen as demandas sanitarias, educativas e ambientais" da cidadanía e da cidade do Lérez. Villares criticou que os Orzamentos "favorecen aos que máis teñen mentres desatenden a quen máis o precisa". Pola súa banda, González lembrou que "novamente quedan fóra da planificación do Goberno galego as necesidades de Pontevedra, como manter o uso sanitario do Hospital Provincial ou ampliar o número de prazas públicas de escolas infantís nunha cidade que deixa cada ano a máis de medio milleiro nenos e nenas sen un servizo básico", dixo. "Sorpréndenos que se destinen tres millóns de euros a sanidade, sendo Montecelo un hospital cabeceira para o Norte da provincia, ao mesmo tempo que esquecen algo tan importante como é investir no Hospital Provincial para manter o seu uso sanitario. En materia educativa Pontevedra deixa cada ano 500 nenos sen prazas en escolas públicas de 0 a 3 anos. Polo menos unha nova escola é necesaria", afirmou, ademais de ratificar a aposta de Marea por evitar a ampliación da EDAR dos Praceres. 

Comentarios