martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

Marea ficha a Teresa Narciso, pioneira no corpo da Policía Local

Teresa Narciso. DP
Teresa Narciso. DP

Sempre pioneira, en 1985 foi unha das seis primeiras mulleres do corpo policial do Concello

Recentemente xubilada tras unha longa traxectoria na Policía Local de Pontevedra, Teresa Narciso dá o salto á política local incorporándose ao equipo de Marea Pontevedra. Sempre pioneira, en 1985 foi unha das seis primeiras mulleres do corpo policial do Concello. "O máis bonito do meu traballo foi serlle útil a cidadanía. Disfrutei enormemente axudando a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza", explica, para engadir que o único que lamenta dunha carreira laboral "máis que gratificante" é "a falta de recoñecemento por parte do Goberno e o maltrato ao que someten ás súas traballadoras", di.

De feito, a súa retirada da Policía Local chega nun conflito laboral similar ao que xa viviu en 2007: "Non pedimos nada máis que os dereitos que nos corresponden: equiparación salarial, respecto e a posibilidade de desenvolver unha carreira laboral no Concello", sinala.

Por este motivo, explica que non acudirá á homenaxe que lle fará este luns o Concello co gallo da súa xubilación. "É unha cuestión de dignidade", afirma.

Para Marea Pontevedra é "un orgullo" contar con ela por "representar perfectamente o espírito do colectivo cidadá, pois estamos falando dunha muller feminista, inconformista, soñadora e con gañas de traballar para mellorar a vida de toda a xente de Pontevedra".

Marea ficha a Teresa Narciso, pioneira no corpo da Policía Local
Comentarios