Marea Pontevedra consultará sobre acuerdos postelectorales a la gente

A formación que lidera Luís Rei asinou o Código Ético para manter o compromiso cos electores durante os vindeiros catro anos
Marea Pontevedra, firmando baixo o emblemático carballo de Santa Margarida
photo_camera Marea Pontevedra, firmando baixo o emblemático carballo de Santa Margarida

A candidatura de Marea Pontevedra asinou onte debaixo do carballo de Santa Margarida o seu Código Ético e anunciou unha consulta cidadá sobre os acordos postelectorais. ''Somos os únicos en presentar un programa rigoroso. O Código Ético tamén é un valor de distinción''.

Luís Rei, que encabeza a lista, salientou dous puntos: ''Os electos manterán o compromiso cos electores durante os catro anos, porque a Marea é un todo, e o límite de mandatos consecutivos nun cargo público será de dous''.

Así mesmo, o candidato explicou que ''o noso Código é tamén unha vacina contra iniciativas coma o ‘Acordo para un Goberno de coalición’ asinado en 2011 polo Bloque e polo PSOE, e cheo de vaguidades e brindes ao sol''. Naquel documento falábase de impulsar un novo PXOM como elemento necesario para o desenvolvemento harmónico do concello. ''E xa sabemos o que pasou e foi denunciado pola Marea: ese impulso foi en dirección á papeleira, e o fiasco do PXOM nos custou xa un millón de euros. Para tirar o diñeiro, que non conten con nós'', asegurou Luís Rei.

A CONSULTA DO 15-M. Marea Pontevedra ten no seu seo membros destacados do movemento do 15-M, que está a piques de celebrar o cuarto aniverario. ''Marea Pontevedra vai convocar para ese día unha consulta aberta para que a veciñanza marque as liñas vermellas de calquera hipotética alianza de goberno nun escenario onde non haberá maiorías absolutas e cunha presenza determinante da Marea''. A formación responde así a calquera especulación sobre a súa futura actuación. ''Non será nin tan sequera a asemblea da Marea, senón a cidadanía que queira participar, a que decida as liñas centrais sobre os que sustentar futuros acordos''.

As papeletas coas preguntas, o lugar de instalación das mesas e as urnas, e os horarios serán comunicados nos próximos días.

Para Luís Rei, ¡¡como queda demostrado tamén nisto, nós sempre escoitamos á xente¡¡.