María Gándara visita a Lores con motivo do seu 101 aniversario

A centenaria falou co alcalde da súa vida na cidade e da súa nenez en Portas
Lores e María Gándara Buceta, este luns na alcaldía. CONCELLO
photo_camera Lores e María Gándara Buceta, este luns na alcaldía. CONCELLO

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este luns na casa consistorial a María Gándara Buceta con motivo do seu 101 aniversario. Na visita, a muller falou co rexedor durante máis de media hora sobre a súa vida na cidade.

Natural de Portas, dona María vive en Pontevedra desde o ano 1938 e recordou con Lores momentos da súa nenez en Portas como cando se facía o viño catalán ou cando deixou de fumar, hai máis de 30 anos.

Según explicou o Concello a través dun comunicado, tamén lle explicou que xa está vacinada da covid e que, aínda que os xeonllos non llo permiten na actualidade, saía a pasear todos os días pola cidade.

O alcalde entregoulle un ramo de flores e felicitouna polo seu aniversario e o seu "excelente estado de saúde físico e mental".

Comentarios