María Prada reflexiona nunha exposición sobre os fondos reservados das bibliotecas

A creadora e investigadora é a segunda autora que monta no espazo de Belas Artes unha mostra baseada na súa tese de doutoramento

A artista María Prada, este xoves, xunto a algunhas das súas obras na Sala X. DAVID FREIRE
photo_camera A artista María Prada, este xoves, xunto a algunhas das súas obras na Sala X. DAVID FREIRE

The Private Case é o espazo da British Library onde están os volumes non accesibles para o público en xeral. "En España estas seccións non accesibles ao público chámanse 'infernos'", explicaba, este xoves, a decana de Belas Artes, Silvia García, na inauguración da exposición da creadora e investigadora María Prada na Sala X.

A mostra, que se poderá visitar ata o 21 de febreiro, reúne unha serie de traballos plásticos realizados pola autora, que forma parte do colectivo dx5, a raíz da súa tese de doutoramento: El libro en abismo. Relaciones y transferencias entre imagen y dispositivo en el libro de artista. "Do que se trata é de mostrarlle ao público a investigación plástica que se realiza de xeito parello á académica", dixo Silvia García.

Xunto á decana participaron na apertura de The Private Case a propia creadora, María Prada, e o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho. Este último insistiu nas posibilidades da Sala X como espazo aberto a distintas propostas culturais e "ao traballo de ex-alumnos aos que sempre é un pracer recibir".

LIBRO ARTISTA. María Prada, que rematou a carreira na facultade pontevedresa en 2012, explicou que ela viña realizando un traballo de investigación sobre o libro de artista e a súa relación co espazo expositivo. "Me interesaba esa idea de un espacio insertado en otro espacio", explicou.

A mostra que presenta na Sala X está dividida en dúas partes. Nunha primeira pódense ver unha serie de pequenas pezas sobre o libro de artista. Na segunda, no cubículo pechado da sala, existe unha videoinstalación e unha serie de citas extraídas de distintos volumes que aparecen na propia tese de doutoramento de Prada.

"Todas la bibliotecas importantes tienen una sección no accesible para el público", explica a creadora no texto do folleto da exposición. "Antaño, estas secciones contenían libros contrarios a la moral o a la ideología dominante y se guardaban bajo llave en un armario que se denominaba 'infierno'".

RESERVADOS. Prada conta que hoxe xa non existen eses 'infernos', aínda que seguen existindo zonas reservadas nas bibliotecas con accesos restrinxidos, onde se coidan certos libros, "generalmente debido a su delicada condición material". Aí é onde se adoitan atopar os libros de artista.

"El espacio expositivo de la Sala X sigue el modelo de 'cubo blanco' (vacío, estéril, neutro) y cuenta con un espacio demarcado", comenta a creadora. "Este espacio se convierte en la sala de reserva, el lugar de las colecciones especiales, de los libros de artista dentro del espacio del arte, de los libros que no son para leer".

Prada xoga na súa proposta a presentar recomposicións visuais e conceptuais, buscando afinidades a través do que sería un gran collage, pero tamén procura "el desajuste, la sorpresa y la ironía". A mostra trata, en definitiva, segundo di a autora (mariaprada. es), de achegar a relación entre a investigación doutoral, no seu caso dirixida polo profesor Alberto Ruiz de Samaniego, e a práctica artística.

A Sala X aspira a ser máis que un espazo expositivo

A Sala X aspira a ser algo máis que un espazo expositivo. Sinalouno este xoves, na inauguración da mostra The Private Case, a decana da facultade, Silvia García, que lembrou que a que se abría este xoves ao público é a segunda mostra protagonizada por un alumno de doutoramento trala de Luis Bueno en novembro do ano pasado.

"A nosa intención é que isto non sexa só unha sala de exposicións, senón que inclúa tamén outras actividades", dixo García, que explicou que, por exemplo, a asociación de ex-estudantes Rede por Belas Artes traballa nestes momentos na organización de encontros con investigadores na Sala X.