viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

Marketing sostible e ciberseguridade centran os cursos de SmartPeme desta semana

Redes sociales en un smartphone. PIXABAY
Redes sociais nun smartphone. PIXABAY
Serán cinco novas accións formativas que se desenvolverán na modalidade online por mor da alerta sanitaria

A iniciativa Smart-Peme, da Deputación de Pontevedra oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online.

A primeira das propostas versará sobre Márketing sostible. Estará a cargo de Fátima Faílde, posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, quen falará da importancia da ética nas estratexias de márketing. O mércores 28 pola mañá, Laura Carrera, posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, impartirá Vende os teus produtos en Facebook e Instagram e, pola tarde, Guillermo Nass, TSU en deseñador gráfico publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, centrarase na importancia dos complementos de WordPress.

Para finalizar, o xoves 29, será a quenda de Covid e ciberseguridade en 2021 a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen falará das medidas básicas que se deben adoptar de sufrir un ciberataque. Por último, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartirá o taller Introdución ao inbound márketing I. 

Marketing sostible e ciberseguridade centran os cursos de SmartPeme...
Comentarios