viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

O marketplace E-Ponte.com pon en marcha dúas formacións online

Presentación dos talleres. DP
Presentación dos talleres. DP
Os cursos, de Marketing na Actividade Comercial e de Deseño de Escaparates, comezan a vindeira semana

O marketplace E Ponte.comimpulsado pola Concellería de Promoción Económica en colaboración coa plataforma #Pontelovers, inciará na vindeira semana uns cursos de Marketing na Actividade Comercial e de Deseño de Montaxe de Escaparates cun total de 160 e 100 horas de formación online, respectivamente. 

Segundo indica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "a formación online de marketing comezará o xoves 18 de marzo e finalizará o martes 18 de maio, mentres que o de escaparatismo iniciarase o martes 16 de marzo e rematará o venres 7 de maio". "En total hai 15 participantes, dos cales a metade son empresas da cidade", sinala a edil. 

O taller de Marketing terá como obxectivo identificar os elementos básicos relativos ao marketing, o mercado, o produto, os prezos, a investigación comercial, o consumidor, a distribución, e a comunicación comercial necesarios para desempeñar as funcións de apoio e colaboración na aplicación e seguimento das políticas de marketing na empresa.

No curso de Escaparatismo abordaranse os labores de desenvolvemento do deseño da montaxe dun escaparate, seguindo os programas de deseño máis empregados. Entre outros contidos, falarase da evolución histórica dos escaparates, a formación e coñecementos do escaparatista, o método para orzar a montaxe, as nocións de carpintería e pintura, a electricidade e luminotecnica, a rotulación e cartelería, o manequín, as etiquetas e a normativa e a imaxe exterior.

O marketplace E-Ponte.com pon en marcha dúas formacións online
Comentarios