Marta Pais de Oliveira recibe o premio Nortear da Eurorregión por 'Médula'

A autora portuguesa recolleu onte no Museo do Mar de Vigo o galardón, dotado con tres mil euros e máis a publicación da obra vencedora en galego e portugués
Marta Pais cos diferentes representantes da Xunta e da Agrupación Eurorrexional. DP
photo_camera Marta Pais cos diferentes representantes da Xunta e da Agrupación Eurorrexional. DP

Marta Pais de Oliveira fíxose co premio na 8ª Edición do Premio Literario Nortear para mozos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co seu libro Médula.

Esta escritora, de 32 anos e natural de Vila Nova de Gaia, recibiu o premio este mércores no Museo do Mar de Vigo. A cerimonia estivo presidida polo secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, e o do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida, e a directora rexional de Cultura do Norte, Laura Castro.

Médula é unha distopía, ao estilo George Orwell, que aborda a historia de "dúas persoas que están ás portas do Ministerio da Soidade e precisan de decidir o que facer a continuación", avanza a autora.

Para o xurado, a obra destaca pola "súa innovación na introdución de entidades e institucións irreais que configuran a materialización dun Estado vixilante e controlador do individuo, en prol dun suspoto benestar", expresan.

Con este recoñecemento, Marta Pais engade á súa estantería un novo premio. No 2020 recibiu o Premio Revelación Agustiuna Bessa-Luís coa súa novela Escavadoras.

Premio Nortear

Nesta 8ª edición, 40 mozos escritores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal presentaron as súas obras a concurso. O programa Nortear é unha iniciativa da Agrupación Europea de Cooperación Terrritorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación, Profesional ee Universidades da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte.

O Premio distigue, anualmente, obras orixinais, para promover a súa distribución alén de estimular fronteiras e estimular o lanzamento de novos escritores entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ten unha dotación financeira de tres mil euros e inclúe, ademais, a publicación da obra vencedora en galego e portugués. Poden presentarse todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou residentes na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, entre os 16 e os 36 anos, con obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa e galega, ambas segundo a normativa ortográfica vixente publicadas sobre o xénero do relato curto.

Hoxe lanzouse, tamén, a 9ª edición do premio Nortear, que ten as candidaturas abertas, ata 30 de xuño de 2023, na Plataforma Nortear.

Comentarios