O martes producirase un corte de tráfico en Loureiro Crespo por mor das obras

Terá lugar a partir das 9.30 horas
Infografía do corte de tráfico. DP
photo_camera Infografía do corte de tráfico. DP

O vindeiro martes 9 de marzo, a partir das 9:30 horas, cortarase o tráfico no tramo da rúa Loureiro Crespo entre as rúas Doce de Novembro e Ernesto Caballero, por mor dunha nova fase das obras de reforma deste vial.

O acceso aos garaxes no tramo afectado quedará habilitado desde a intersección de Loureiro Crespo con Doce de Novembro. As interseccións previas a este tramo, desde a avenida de Lugo, contarán con sinalización advertindo deste peche de tráfico e indicando os desvíos habilitados para condutores e residentes.

Comentarios