Médico Ballina estrea parque infantil tras un ano de obras

O concelleiro, Iván Puentes, agradeceu aos veciños "a súa paciencia e esforzo" para lograr un recinto "de grande amplitude" e "plena accesibilidade"
MÉDICO BALLINA. Inauguración parque infantil
photo_camera Varios niños juegan en el parque de Médico Ballina. BEATRIZ CÍSCAR

Os veciños máis pequenos de Médico Ballina, e os xa non tanto, poden desfrutar, por fin, do seu novo parque infantil. O recinto de xogos, que conta con espacios de ocio inclusivo para persoas con diversidades funcionais, abriu este mércores ao público ante a presencia do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, o tenente de alcalde, Tino Fernández e varios membros da Comisión de Mobilidade e Obras do Concello xunto con Tesera Martínez, responsable dos traballos.

A obra, adxudicada a empresa Brincatel España S.L., completouse, despois de varios retrasos e casi un ano de obras, por valor de 157.520 euros, o que supuso casi un 10% menos dos 175.000 euros presupuestados inicialmente. Aínda que o prazo de execución era de tres meses, o calendario veuse trastocado pola pandemia.

Ás doce do mediodía, preto dunha decea de persoas espallábanse ao redor do parque, ansiosos por probar e gozar das súas novas instalacións. No reducido acto inaugural, o concelleiro, Iván Puentes, agradeceu aos veciños "a súa paciencia e esforzo" para conseguir un parque que, tras varios infortunios, acolle finalmente a ledicia dos nenos. Entre os imprevistos que conlevaron os traballos, destacan a longa tramitación coa Administrador de Infraestructuras Ferroviarias e o parón obligatorio dos trabajos por mor do confinamiento derivado da crise sanitaria do coronavirus.

O recinto conta cun aforo máximo de 50 persoas e todas as medidas hixénicas que esixe a situación sanitaria actual. A entrada do parque colocáronse dous dispensadores de hidroxel que funcionan pulsando un pedal para que sexan de fácil aceso a todos os menores e, tamén, para evitar o contacto directo coas máns.

Puentes salientou "a grande amplitude" deste espazo de lecer, que conta con 1.200 metros cadrados, e "a plena accesibilidade de todos os xogos de carácter inclusivo", para aquelas persoas con problemas de mobilidade e diversidade funcional.

Por outra banda, o concelleiro referíuse á obra como "un proxecto vivo", ao seren consensuado dende o primer momento cos veciños. O moderno espazo de lecer divídese en dúas partes, segundo a idade dos nenos. Á entrada hai unha estancia para acompañantes e nenos, e conta coutra traseira adicada aos xogos infantís.

O recinto inclúe un área de descanso con varios bancos, dúas fontes adaptas a persoas con mobilidade reducida, e tres papeleiras. Así mesmo, tamén foron instalados diversos xogos de mesa, como o xadrez, o parchís ou o tres en línea. En canto ao equipamento, o parque inclúe unha tirolina, instalada aproveitando a pendente do terreo, catro bambáns, un columpio en forma de cesto, dous tobogáns, un laberinto inclusivo e varios columpios con resortes.

Comentarios