Medio Natural aportará 450 metros cúbicos de area á praia fluvial do Lérez

A adaptación á nova normalidade suporá un investimento de 46.000 euros
2020061313465676703
photo_camera Un momento da visita do edil Iván Puentes á praia fluvial. CEDIDA

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural realizará un aporte de 450 metros cúbicos de area na praia fluvial do Lérez e levará a cabo un zafarrancho de limpeza, sega e desinfección en profundidade nos vindeiros días. Estas obras forman parte do paquete de dotacións e actuacións destinadas a poñer en marcha e adaptar o areal urbano á nova normalidade, que suporán un investimento global duns 46.000 euros e que incluirán o balizamento perimetral da zona de baño con boias, a cobertura das redes que serven de malla antiherbas, a retirada de tubaxes rotas e a posta en marcha do servizo de socorrismo a partir do día 27 de xuño.

Estas medidas foron avanzadas polo concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, tras unha visita para supervisar sobre o terreo as necesidades existentes na praia fluvial do Lérez.

Comentarios