O mercado de flores de Tódolos Santos contará con 43 postos na Praza da Ferrería

Yoya Blanco lembra que a feira estará aberta durante os días 31 de outubro e 1 de novembro

Clientes no mercado de flores na Praza da Ferrería o ano pasado. GONZALO GARCÍA
photo_camera Clientes no mercado de flores na Praza da Ferrería o ano pasado. GONZALO GARCÍA

A Concellería de Promoción Económica pechou o prazo de presentación de solicitudes para instalar postos de venda de flores no tradicional mercado de Tódolos Santos cun total de 43 instancias tramitadas, unha cifra case idéntica a do ano pasado, no que foron rexistradas 42 peticións.

A edil responsable do departamento municipal, a socialista Yoya Blanco, explica que estes postos "estarán a disposición dos pontevedreses na Praza da Ferrería durante os días 31 de outubro e 1 de
novembro".

Blanco subliña o elevado número de solicitudes que, un ano máis, recibiron os servizos técnicos do Concello para a montaxe destes postos de flores, pola que os vendedores deben abonar unha taxa pública de 5,15 euros por metro cadrado ocupado.

"Os responsables dos postos poderán realizar a instalación na Praza da Ferrería entre as 2.00 e as 10.00 horas do día 31 de outubro. Trátase dun mercadillo moi concurrido e que presta un servizo esencial", apuntou a concelleira do PSOE.

Comentarios