miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

O Mercado de Abastos contará cun avanzado sistema de control de aforo en tempo real

Yoya Blanco, no Mercado de Abastos. DP
Yoya Blanco, no Mercado de Abastos. DP
A Concellería de Promoción Económica destina unha partida de máis de 7.000 euros á dotación desta tecnoloxía, que será instalada nos accesos á Praza pola empresa Almas Industries

O Mercado de Abastos de Pontevedra disporá en breve dun avanzado sistema informático de control de aforo e conteo de persoas con visualización en tempo real.

A Concellería de Promoción Económica e Turismo destinou un orzamento de máis de 7.000 euros á contratación desta tecnoloxía, que será instalada nas principais portas de acceso á Praza municipal polo grupo especializado en seguridade corporativa Almas Industries.

O sistema contará cun PC dotado de software de xestión NVR (gravación de vídeo en rede), disco duro e monitores de aforo, proporcionando unha precisión do 95% e unha área de detección de ata dous metros.

Segundo sinala  a socialista Yoya Blanco, "esta ferramenta punteira achegará moita tranquilidade a traballadores e usuarios do Mercado, ofrecendo visualización en tempo real sobre a afluencia, permitindo informar aos clientes sobre se deben acceder ou agardar, axudando a previr aglomeracións e, polo tanto, freando a posible propagación do coronavirus".

"No actual contexto de pandemia, a concentración de persoas nos locais e instalacións supón unha importante problemática, en especial naquelas que teñen grandes fluxos de público, como o Mercado de Abastos, que nestes momentos ten un aforo máximo de 150 usuarios por planta", subliña Yoya Blanco.

Desde a concellería aclaran que o sistema de vídeo respecta a Lei de Protección de Datos e non grava persoas, senón que permite discriminar formas e figuras para realizar o conteo.

O Mercado de Abastos contará cun avanzado sistema de control de...
Comentarios