O Mercado instala un sistema informático de conteo de persoas para o control do aforo

A Concellería de Promoción Económica e Turismo destinou unha achega de máis de 7.000 euros a dotar a Praza Municipal desta tecnoloxía
Presentación do dispositivo. DP
photo_camera Presentación do dispositivo. DP

O Mercado de Abastos dispón desde a xornada de onte dun sistema informático de control de aforo e conteo de persoas con visualización en tempo real, instalado pola firma especializada en seguridade corporativa Almas Industries nos seus dous accesos principais (que dan ás rúas Serra e á avenida de Bos Aires).

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, destinou unha achega de máis de 7.000 euros a dotar a Praza Municipal desta tecnoloxía, que conta con cámaras con sensores, monitores de aforo e un software específico de xestión, proporcionando unha precisión do 95% e unha área de detección de ata dous metros.

A propia Yoya Blanco achegouse ao mediodía ata o Mercado para supervisar o resultado da instalación e comprobar o funcionamento desta "moderna ferramenta, que permitirá cumprir estritamente con todas as restricións desta nova normalidade e converter a Praza nun espazo absolutamente seguro, axudando a previr aglomeracións e achegando tranquilidade".

Comentarios