jueves. 21.01.2021 |
El tiempo
jueves. 21.01.2021
El tiempo

CONVERSAS NA UVIGO

Andrea Bayer: "Metéronme o conto en vea"

A actriz e contadora Andrea Bayer repasa a súa traxectoria nunha nova entrega do ciclo Conversas na UVigo, organizado por Diario de Pontevedra e a Universidade de Vigo. Nunha entrevista realizada pola xornalista Belén López, Bayer explica como entende o teatro en tempos de pandemia.
Andrea Bayer participa nunha nova entrega, explicando como entende o teatro en tempos de pandemia

Dunha aula de teatro na universidade a ter a s√ļa propia compa√Ī√≠a esc√©nica enfocada a p√ļblico infantil. "Al√≠ met√©ronme o conto en vea, e daquelas clases de teatro sa√≠ron proxectos como Pav√≠s Pav√≥s ou Teatro Akatro", explicou este xoves Andrea Bayer.

A actriz e contadora repasou a s√ļa traxectoria nunha entrevista realizada pola xornalista Bel√©n L√≥pez. Xuntas protagonizaron unha nova entrega do ciclo Conversas na UVigo, organizado por este peri√≥dico e a Universidade de Vigo, que en 2020 tivo que mudar o seu formato presencial por charlas gravadas e penduradas na rede. Deste xeito, a entrevista completa en versi√≥n audiovisual xa est√° disponible na p√°xina web de Diario de Pontevedra.

A conversa comezou polos inicios de Bayer no mundo esc√©nico, cando xa chegara √° facultade de Maxisterio de Pontevedra. "Vin que hab√≠a clases de teatro e animeime a ir despois de consultalo moito cos amigos cos que xogaba √°s cartas, recordo que na primeira clase o pasei moi mal porque me daba moita vergo√Īa. De feito, o primeiro ano de representaci√≥ns sa√≠a ao escenario e non ti√Īa di√°logo, fac√≠a de buf√≥n e s√≥ mov√≠a a cabeza un pouco", explicou entre risos. Neste sentido, a actriz contou que o teatro lle serviu tam√©n para vencer aqueles medos e inseguridades.

"Para min aquela foi unha experiencia moi boa, que me permitiu co√Īecer a xente como a Ana Mar√≠a Matute, que nos viu dar un curso, foi todo un luxo", explicaba sobre aquel tempo como afeccionada.

"Hai que programar aínda que sexa para seis persoas, o teatro ten que ser presencial", asegura

Un momento relevante na s√ļa vida foi cando decidiu dar o salto e adicarse ao teatro de xeito profesional, despois de ter participado en Teatro Akatro e Pav√≠s Pav√≥s. "Daquela ti√Īa uns 20 anos e lanceime, agora p√©nsoo e √© de valentes", reco√Īece. Daquel atrevemento que supuxo querer vivir da cultura xurdiu a compa√Ī√≠a de teatro Galitoon. "Daquela experiencia aprend√≠n o que quer√≠a facer e o que non", sinalou Bayer, que dixo que, chegado un momento, abandonou un proxecto "que medraba demasiado" para fundar Baobab Teatro en Pontevedra, xunto √° s√ļa parella, √ďscar Ferreira. "√Ās veces un ten que ser honesto consigo mesmo e atreverse a volver comezar de cero co dif√≠cil que √© iso", relatou.

A s√ļa compa√Ī√≠a, Baobab Teatro, xorde dun proceso de b√ļsqueda tras anos de experiencia en contacto co p√ļblico enriba e abaixo das t√°boas. "Eu fun mestra de persoas de todas as idades e non te√Īo ningunha franxa preferida, a√≠nda que no momento que comezamos si detectamos un baleiro na oferta para nenos de Educaci√≥n Infantil", contou a actriz e guionista teatral, que reco√Īeceu nutrirse en moitas ocasi√≥ns das ideas que che achegan os propios nenos. "Aprend√≠n a entendelos dando clase, o contacto con nenos e nenas serviume para coller pistas e ideas, moitas veces incluso lles roubo frases que vou anotando cando falo con eles", conta.

Bayer repasou na entrevista as alegr√≠as que ten levado cos seus espect√°culos, como coa concesi√≥n do premio √≥ mellor espect√°culo infantil da Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015 ou a nominaci√≥n aos premios Max de teatro con Luppo. "Os premios axudan a que unha compa√Ī√≠a despegue, a√≠nda que tam√©n hai obras que merecer√≠an ser premiadas e non chegan a selo", contou.

Bayer fixo tam√©n referencia √° sensaci√≥n de inseguridade que implica adicarse ao mundo da cultura. "Fas moitas contas, entre a obra de F√≠os e Luppo recordo que pasamos un momento dif√≠cil, pensando en aguantar ata onde puidesemos. Logo tivemos sorte e foi ben, pero na corda frouxa est√°s sempre", sinalou a artista.

Nas obras de Baobab Teatro non existen temas tab√ļ. F√°lase da morte ou dos abusos sexuais na infancia. Bayer tense atrevido a tocar eses temas nos seus gui√≥ns para o p√ļblico infantil. "A todos os nenos lles hai que falar disto, nunha linguaxe que poidan entender, sen infantilizar. Se ti mandas estas mensaxes aos teus fillos, como que no seu corpo deciden eles, falos m√°is fortes", dixo durante a entrevista, na que tam√©n adiantou que o novo traballo xorde dun recorte dun xornal que leu durante a cuarentena.Gon Redaccion. Conversas na UVI, jueves, 3 dic ¬∑ 11:00‚Äď12:00

Unha das iniciativas m√°is co√Īecidas de Baobab Teatro √© o festival de artes esc√©nicas para beb√©s N√ļbebes, un evento que esgota sempre entradas con queixas recorrentes por completar o aforo con rapidez. "Vimos que hab√≠a un baleiro nesas idades e que hab√≠a demanda porque os pap√°s e mam√°s est√°n desexando levar aos beb√©s a este tipo de eventos, √°s veces incluso demasiado", bromeaba. O evento tivo que ser cancelado este ano, a pesar de que estaba a piques de levarse a cabo, por mor do coronavirus.

E √© que a pandemia trastocou moitos plans deixando ao sector da cultura especialmente exposto. "N√≥s pasamos moito medo porque vimos como se nos ca√≠an de golpe todos os bolos", contou Bayer. Por√©n, a compa√Ī√≠a logrou "salvar o ano" con actuaci√≥ns durante a programaci√≥n de ver√°n do Concello de Pontevedra e outros eventos.

Bayer defendeu durante a entrevista que a cultura, e en concreto o teatro, debe seguir. "Eu penso que hai que programar aínda que sexa para seis persoas, o teatro ten que ser presencial", defendeu a artista.

Andrea Bayer: "Metéronme o conto en vea"
Comentarios