Migallas Teatro abre unha nova edición do ciclo 'Trebellando'

A Alameda volveu ser o escenario dunha iniciativa que ten como protagonista á lingua galega e que triunfa entre os máis cativos
A cidade viviu con alegría a primeira función neste verán de 'Trebellando na Alameda'. ANXO LORENZO
photo_camera A cidade viviu con alegría a primeira función neste verán de 'Trebellando na Alameda'. ANXO LORENZO

Trebellando, o ciclo infantil de teatro, música e maxia, volveu tomar a sombra das árbores da Alameda nun novo verán para facer gozar aos máis pequenos dos seus divertidos espectáculos.

Migallas Teatro, coas brincadeiras da lingua dos seus actores María Campos e Carlos Yus, foi o encargado de protagonizar o debut desta iniciativa no período estival deste ano. E fíxoo con dous grandes protagonistas: as crianzas, entregadas á función e en constante interacción cos actores, e unha lingua galega que volveu a amosar a súa riqueza a través do senfín de ditos e cantigas que se recitaron no espazo urbán.

Desta forma, os nenos e as súas familias pasaron unha agradable tarde de luns, no que supón só o primeiro punto de partida dunha semana que se antoxa divertida para eles. Este martes, repetindo horario e lugar (Alameda, ás 19.00 horas), terá lugar o segundo dos espectáculos concertados: chega o turno do mago Adrián Conde e o seu Piccolo Camerino.

Comentarios