Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron unha entrada triunfal en Pontevedra, nunha Cabalgata multitudinaria marcada pola maxia e a fantasía. Milleiros de persoas ateigaron as rúas do centro da cidade para presenzar en vivo a chegada dos Reis Magos, que xa estiveran pola mañá recibindo as últimas peticións dos máis pequenos no Pazo de Mugartegui.
Durante a Cabalgata, que incluíu carrozas adicadas a personaxes infantiles como Mortadelo e Filemón ou ao Xorobado de Notredame, repartíronse 1.500 kilos de caramelos sen glute.
Milleiros de persoas ateigan as rúas nunha Cabalgata multitudinaria
As Súas Maxestades, que pola mañá xa estiveran recibindo as últimas peticións dos cativos, encheron de maxia e fantasía as rúas da cidade