A Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas de cara á asemblea extraordinaria que se celebrará o 19 de xuño co fin de nomear unha nova xunta directiva. Así o decidiu a xunta xestora saída da asemblea xeral do pasado 21 de abril.
Fíxoo despois de solicitar por escrito ao seu presidente a convocatoria da mesma e non recibir resposta.
O período de presentación de candidaturas está aberto desde o pasado sábado ata as 20.00 horas do 12 de xuño. As candidaturas poderán presentarse telematicamente a través dunha mensaxe de correo electrónico ao enderezo [email protected], ou presencialmente entre as 18.00 e as 20.00 horas do día 12, no Centro Cultural de Monte Porreiro, sede da Asociación de Veciños.
A asemblea para elixir nova Xunta Directiva entre as candidaturas presentadas será o vindeiro 19 de xuño, ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 en segunda, no Salón de Actos do Centro Cultural de Monte Porreiro.