A mobilidade urbana sustentable chega a todos os veciños dende o Museo

O Concello promoveu onte un obradoiro para achegar de forma lúdica os aspectos fundamentais do plan para un transporte racional
Actividade PMUS no Museo (_G4A7556.JPG)
photo_camera Obradoiro celebrado este sábado no edificio Castelao do Museo de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

O Concello de Pontevedra puxo en marcha onte unha das iniciativas previstas para poñer a disposición da veciñanza todos os aspectos relacionados co PMUS (Plan Municipal de Urbanización Sustentable) que, seguindo as directrices que marca a Unión Europea, desenvolve o Goberno local capitalino. Un obradoiro para familias foi a actividade elixida para esta fin de semana. Desenvolveuse no edificio Castelao do Museo Provincial da cidade do Lérez.

O PMUS é, en esencia, unha ferramenta de xestión municipal para organizar de maneira eficiente os distintos modos de transporte que se xeran dentro dunha cidade, fomentando aqueles que son máis respectuosos co medio ambiente (a pé, en bici, transporte público) e racionalizando o uso do transporte privado, especialmente o coche. Pontevedra é un exemplo destas prácticas a nivel nacional, pois leva anos situando aos peons e aos ciclistas, por este orden, diante dos vehículos a motor no centro da cidade.

O PMUS é o documento que a Lei de cambio climático e transción enerxética e as directrices para a implantación das zonas de baixas emisións fixan como o que ten que marcar os obxectivos que definan a nova mobilidade. Para achegalo á veciñanza, o Concello promove obradoiros e xuntanzas, tanto para familiar como con colectivos veciñais.

O Concello espera profundizar neste traballo, aínda que deixa claro que "a cidade non parte de cero, senón que ten moi avanzada nunha mobilidade respectuosa co medio ambiente e que está na liña dos obxectivos que se perseguen coa Lei de cambio climático e transición enerxética e no proxecto de Lei de mobilidade sustentable".