O modelo de Pontevedra para as Zonas de Baixas Emisións esperta interese en Madrid

O edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, achegouse até Madrid, convidado por Pons Mobility, co obxectivo de ofrecer información sobre a actual xestión da mobilidade na cidade
O edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, cos demais participantes no relatorio 'A mobilidade como motor social'. DP
photo_camera O edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, cos demais participantes no relatorio 'A mobilidade como motor social'. DP

O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, participou este mércores nunha mesa de debate que levaba por título A mobilidade como motor social, na Fundación Pons, en Madrid.

A cita, promovida por Pons Mobility, en representación do Círculo para la Descarbonización Neutral In Motion, contou con representantes políticos e expertos na materia, coincidindo o edil pontevedrés no seu relatorio con Lola Ortiz, directora general de Planificación e Infraestructuras de Mobilidad en el Ayuntamiento de Madrid y la concejala delegada del área de Organización y Personal, Bomberos, Policía, Tráfico, Movilidad, ORA y Protección Civil, Información, Registro, Estadística y Archivo del Ayuntamiento de Valencia, Carolina Nuria Gómez López. El periodista Juan Carlos Payo fue el moderador del encuentro.

"Pontevedra foi convidada para falar, xunto co Concello de Madrid, da súa Zona de Baixas Emisións", indicou Gómez. "Realmente, a industria do automóbil convidounos a participar porque están moi interesados en coñecer o noso modelo, un modelo que permite a seguir circulando polo centro da cidade e que non obriga nin a cambiar de vehículo nin a pagar por atravesar a cidade. É un modelo propio, é un modelo diferente e é un modelo que está a funcionar".

O edil explicou que a súa intervención foi moi ben acollida, que se percibiu interese entre os asistentes e que mesmo xerou varias preguntas desde os mesmos para poder afondar máis no Modelo Pontevedra de Baixas Emisións alén da explicación inicial. "Todo o mundo quedou gratamente interesado en vir até Pontevedra para ver como funciona".

Comentarios