O modelo urbano e os retos de futuro de Pontevedra chegan a Londres

Alberto Oubiña participou na feira 'Move 2020' cunha ponencia en inglés sobre a cidade
Intervención de Alberto Oubiña. CONCELLO
photo_camera Intervención de Alberto Oubiña. CONCELLO

O concelleiro Alberto Oubiña foi o encargado de representar a Pontevedra este mércores en Move 2020, unha das maiores feiras de mobilidade celebradas no mundo, e que este ano se centra na Mobilidade Re-Imaxinada (Mobility Re-Imagined).

A cita, que tivo lugar en Londres, busca promover o análise e a reflexión sobre a necesidade de impulsar cambios e innovar en materias como o tráfico, a mobilidade, as infraestruturas ou a enerxía a nivel global.

Oubiña participou neste foro cunha ponencia en inglés que levaba por título Cidades máis limpas, menos tráfico: probando a peonalización de Pontevedra, na que abordou o modelo de cidade e expuso os retos de futuro do concello: o transporte a demanda, a compostaxe e a xestión responsable do medio ambiente.

Aínda que nas intervencións do Move 2020 non están admitidas as preguntas aos conferenciantes, o edil atendeu ao remate da súa intervención a varias persoas interesadas en Pontevedra e nos seus logros, así como en visitar a cidade para coñecer de primeira man o exposto na intervención.

Alberto Oubiña fala con algúns dos interesados no modelo de Pontevedr. CONCELLO

Comentarios