Miércoles. 15.08.2018 |
El tiempo
Miércoles. 15.08.2018
El tiempo

Amoriños de Bora, Os Koloutros e Estrelas da Noite fanse cos primeiros premios

Carnaval en Pontevedra. RAFA FARIÑA
Carnaval en Pontevedra. RAFA FARIÑA

A mellor facha individual recaeu en Iluminaciones O Rápido e mellor disfrace, A menina de azulexos pasea no Entroido

Os mesmos grupos que gañaron algúns dos principais premios do desfile de 2017 repetiron éxito en 2018. Amoriños de Bora volveu ser escollida como mellor comparsa. Os Koloutros fixéronse de novo co primeiro premio na categoría de facha. E o grupo Estrelas da Noite, que o ano pasado quedara segundo no apartado de disfrace, desta vez fíxose co galardón máis importante neste mesmo eido.

O colectivo Amoriños de Bora, que tamén recibiu o premio extraordinario Ravachol 2018, foi a mellor comparsa nunha edición na que en segundo lugar quedaros Os 100 Tolos e en terceiro Os da Caña.

Na categoría de grupos, no apartado de fachas, detrás da proposta da Zona de furtiveo dos Koloutros quedaron Os de Sempre, con Donald Trump e Kim Jong-un como Dos tontos muy tontos e Vamos a Todo coa proposta Pontevedra D’Or. No apartado de disfrace, o primeiro clasificado foi Estrelas da Noite, o segundo Cor Café cunha recreación da película sobre Brancaneves Mirror Mirror e o terceiro Imos á praia. Anos 20.

Na categoría de parellas, mellor facha foi O dichoso marzo, seguida de Polo á brasa da siña Mucha; e mellor disfrace, Un picnic sensacional, seguida de Venecia nos xardíns.

Finalmente, o primeiro premio en facha individual foi para Iluminaciones O Rápido, seguido de Santa Compaña do procés; mentres o primeiro premio de disfrace individual foi para A menina de azulexos pasea no Entroido, seguido de Calimero pasea por Pontevedra.

O Concello repartíu 26 premios (en total, 24.300 euros, como o ano pasado) entre os participantes no desfile de Entroido. Tanto nas categorías de individual como de parellas houbo un primeiro e un segundo premio en dous apartados diferentes: disfraces e fachas. Entre os grupos entregáronse seis galardóns, de novo tanto nos apartados de disfraces como no de fachas. Finalmente, entregáronse seis galardóns ás mellores comparsas.

Amoriños de Bora, Os Koloutros e Estrelas da Noite fanse cos...