Morre a catedrática pontevedresa Inmaculada Paz Andrade

A física tiña 94 anos en 2018 fora noemada doutroa honoris causa pola UVigo
Inmaculada Paz Andrade. JAVIER CERVERA
photo_camera Inmaculada Paz Andrade. JAVIER CERVERA

A catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela María Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928), nomeada doutora honoris causa pola UVigo en 2018, faleceu nas útimas horas.

Ada, como prefería que a chamasen, era neta do escritor Juan Bautista Andrade e sobriña do empresario, xornalista e escritor Valentín Paz-Andrade. Hai uns anos recibiu o premio Pontevedreses de Honra que outorga Diario de Pontevedra.

A UVigo destaca dela que está considerada "unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de barrido". Foi a primeira muller nomeada, en 1979, visiting research professor da Universidade de Manchester. Previamente, en 1964, foi tamén a primeira profesora adxunta interina na USC, onde en 1983 se convertería na primeira catedrática de Física Aplicada e preto de tres décadas despois sería tamén a primeira investigadora recoñecida coa medalla de ouro da Real Sociedad Española de Física.

O 2 de maio de 2018, aos 89 anos de idade, convertíase, a proposta do Departamento de Física Aplicada da UVigo, na primeira pontevedresa nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Vigo, nun acto celebrado na Escola de Enxeñaría Forestal, a carón da parroquia de Lérez, onde naceu en 1928.

Inmaculada Paz Andrade. UVIGO
Inmaculada Paz Andrade. UVIGO

O catedrático de Física Aplicada da UVigo José Luis Legido, responsable de propor a súa candidatura xunto a Marta María Lado, exerceu como padriño dunha "muller pioneira", que, salientou, dedicou “45 anos sen descanso á investigación científica".