O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co edil de Montes, Alberto Oubiña, recibiu este xoves nas dependencias do Concello de Pontevedra a unha unha representación dos promotores (colectivos de defensa do monte e artistas) da exposición O Devalar do Monte Galego, sobre a problemática eólica na contorna de Pontevedra, que estará situada desde o venres pola tarde na rúa Daniel de la Sota. Asistiron á nomeada reunión: Rosa Neutro, Anxo Cabana, Ángel Araújo, Carla Andrade, Cristina Abilleira e Carolina Fernández. "Esta xuntanza permitiu conversar a entidades, promotores e artistas sobre unha exposición que vai estar situada no centro da cidade, na rúa Daniel de la Sota, a partir deste venres. Amósase a perspectiva dos diferentes artistas gráficos que fotografaron a contorna do monte de Pontevedra na que se situarán parques eólicos", explicou Oubiña.
"Con esta acción queremos visibilizar a riqueza que temos nos nosos montes e que se perderá coa instalacións destas macroinstalacións eólicas. Calquera destes podería ser A Fracha, A Tomba ou outros espazos do municipio. Temos que decatarnos que estas instalacións que se están a situar minan os recursos e destrúen a paisaxe. Debemos mudar a nosa mentalidade e ter unha mentalidade de país á hora de confrontar a problemática eólica".
Este mesmo venres, a partir das 20.30 horas, está prevista unha visita guiada pola exposición con Rosa Neutro. A mostra estará presente neste espazo ao longo de todo o mes.