"As mulleres podemos con todo"

Alumnas e mestras dos CIFP Carlos Oroza e A Xunqueira e do IES Montecelo reivindican que as estudantes de ciclos masculinizados teñan as mesmas oportunidades laborais que os homes
Alumnas e profesoras visibilizaron a súa reivindicación con pancartas e unha versión morada dos seus uniformes de traballo da aula. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Alumnas e profesoras visibilizaron a súa reivindicación con pancartas e unha versión morada dos seus uniformes de traballo da aula. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A PRIMEIRA opción de Natalia era matricularse no módulo de Peiteado na FP Básica, no IES Montecelo, pero a falta de prazas fixo que agora estude Xardinería. Só son dúas rapazas. Ao principio "era difícil ser la única en clase" pero agora non o cambiaría. Algo semellante lle pasou a Alejandra, que ao quedar sen praza no ciclo de de Aloxamentos Turísticos apostou por Dirección de Servizos no CIFP Carlos Oroza. De 12 alumnos só cinco son mulleres. "Estou bastante contenta", admite. No centro non nota diferenzas de xénero, pero "fóra, si. De cara ao traballo penso que non temos as mesmas oportunidades. Nas mulleres valoran máis o físico que outra cousa, nin o traballo nin as cualidades ou a profesionalidade".

Elas son dúas das 30 mulleres, entre alumnas e mestras de FP que este mércores participaron nun acto na praza da Ferrería. Procedentes destes dous institutos e do CIFP A Xunqueira, quixeron visibilizar a fenda de xénero que aínda existe en certos ciclos formativos, reivindicar que as mulleres teñan as mesmas oportunidades ao saír ao mercado laboral e animar ás rapazas a matricularse en ciclos tradicionalmente masculinizados. Levaron pancartas con lemas como As mulleres podemos con todo".

"En Guías e Aloxamento temos unha porcentaxe de mulleres grandísima, que compensa a de Servizos en Restauración, no que só hai dúas -explica Pilar Tallón, vicedirectora do Carlos Oroza-. En Cociña, aínda que sí temos moitas, a porcentaxe de rapaces segue no 60%. Fixemos unha excepción con Panadería, Repostería e Confitería porque aínda que as mulleres son maioría no ciclo, na profesión, nos obradores, case non hai".

Ana González, a súa homóloga no CIFP A Xunqueira, detalla que dos 350 alumnos, aproximadamente, que están matriculados nalgún dos ciclos das familias de Madeira e Moble, Electrónica e Automoción "el 95% del alumnado es masculino. Solo tenemos 26 alumnas en total" e iso que ciclos como os da Madeira "tienen una inserción laboral de 100% al terminar. Aquí hay oportunidades, aunque a veces las chicas ni se plantean estos estudios".

A FP, apunta, "siempre ha sido tradicionalmente masculina, en todos los sectores, excepto en el de servicios, donde se invierten las cifras totalmente", polo que tamén reivindica que os rapaces se matriculen nestes ciclos orientados aos coidados. Poucas alumnas e poucas mestras. "Hay dos profesoras de Madera, dos de Electrónica y dos de Auto. Son seis de 40 docentes. "Ofrecemos igualdad de oportunidades para todos, pero igual la sociedad no está preparada para que una mujer te arregle el coche". Aínda así, "cada vez hay más" e as rapazas de Carpintería y Electrónica "están encantadas".

No IES Montecelo hai case empate nos ciclos sanitarios e de artes gráficas, explica a orientadora do centro, Mar Gómez. "Notamos máis a diferenza na FP Básica", que acolle a rapazada de entre 16 e 18 anos que non rematou Secundaria, destaca. "Nos programas de mantemento de vehículos hai cero mulleres desde hai once anos polo menos. En Xardinería de 25 alumnos hai catro mulleres, todo o contrario que en Peiteado, onde cada ano só hai un ou dous rapaces". Está convencida que, sobre todo os máis novos, elixen o seu itinerario guiados "máis ben polos tópicos".

Comentarios