O Mundial de Triatlón trastoca a rutina viaria polo centro da cidade

Unha vintena de rúas están pechadas ao tráfico todo o día, prohíbese a carga e descarga e limítase o acceso a certos garaxes

27 Abril 1ª Prueba
photo_camera 27 Abril 1ª Prueba. DP

O inicio, este sábado, da considerada proba deportiva máis importante da axenda galega e española do ano vai revolucionar a rutina viaria polo centro da cidade toda a fin de semana e parte da seguinte, pois ademais de pechar ó tráfico as 18 rúas que integran os percorridos das distintas probas, tamén limítase o acceso ós garaxes ubicados nestas vías e prohíbese totalmente a carga e descarga de mercadorías.

Segundo informou a Policía Local, a celebración deste Mundial de Triatlón levará implícita "importantes restricións de tráfico, non só na cidade, senón tamén na zona norte do municipio, especialmente na N-550 e PO-224 (Verducido e Xeve)".

A afección ao tráfico rodado prolongarase sábado e domingo, e tamén os vindeiros martes, xoves e sábado.

A N-550 permanecerá pechada á circulación entre as 07.00 e as 10.45 horas de hoxe, dende a avenida de Compostela até o lugar de Briadorio (Barro); de 10.45 a 15 horas estará aberta á circulación, se ben non se poderá estacionar. De 15 a 20 horas pecharase a zona de Verducido-Xeve, dende O Pontillón de Castro ata o lugar de Bordel (PO-224).

27 Abril 2ª Prueba

As rúas afectadas do centro da cidade, tanto pola mañá como pola tarde, serán Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Cruz Vemella, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Pai Illa, Gregorio Fernández, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería, Soportais, Curros Enríquez, Ánimas, Don Gonzalo, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Praza Peregrina e San Xulián. O tráfico estará totalmente prohibido entre as 8 e as 21.30 horas.

O Mercado de Abastos estará aberto os dous sábados, permitíndose tanto a mobilidade a pé como en vehículo a motor (o aparcadoiro da zona monumental tamén estará operativo). Todos os estacionamentos disuasorios estarán operativos, agás o Recinto Feiral.

27 Abril 3ª Prueba

A Policía Local pide a comprenión e a colaboración dos veciños para sobrelevar estes atrancos e habilita un teléfono (986 833080) para posibles consultas.

Comentarios