As murgas cántalle aos parques eólicos

Equipo Ja, Val do Lérez, A Tropa de Moncha A Caralla, Leña Verde y Eléctricas PTV fixéronse un oco na gran final do concurso, que terá lugar este xoves
Actuación de Eléctricas PTV. RAFA FARIÑA
photo_camera Actuación de Eléctricas PTV. RAFA FARIÑA

Cunha actuación da presentadora María Carrera ao ritmo de Tina Turner deu comezo a segunda eliminatoria do XXXI Concurso de Murgas do Entroido de Pontevedra, que volveu encher o Pazo da Cultura de Pontevedra. Competiron por un posto na gran final as seguintes agrupacións: Eléctricas PTV, Equipo Ja, Val do Lérez, Jana de Leria, Murga do NaveiroOs Barallocas, A Tropa de Moncha A Caralla, Leña Verde, Os Arrombados e Os da Prensa.

Finalmente o xurado decidiu que Equipo Ja (63 puntos), Val do Lérez (63), A Tropa de Moncha A Caralla (57), Leña Verde (55), y Eléctricas PTV (55) terán un oco na final, que terá lugar este xoves no Pazo da Cultura (21.00 horas).

Puntuacións da segunda semifinal do concurso de Murgas
Puntuacións da segunda semifinal do concurso de Murgas. DP

"Oh, Vladi, oh, Vladi, oh, Vladimir Putin"

As compañías eléctricas protagonizaron a primeira parte do espectáculo da man dos PTV, que puxeron a un dos membros da agrupación [o escritor Manel Loureiro] a presentar un concurso de beleza entre Iberdrola, Endesa e Naturgy. Así foi como os parques eólicos entraron no Concurso das Murgas de Pontevedra.

Non foi o único tema de actualidade ao que se lle dedicaron cancións este mércores no Pazo. O mesmísimo Vladimir Putin presentouse no concurso pontevedrés, vestido de uniforme, porque se falou da guerra de Ucraína. "Oh, Vladi, oh, Vladi, oh, Vladimir Putin", lle cantaron ao ritmo de Mammy Blue.

As cuestións internacionais mestúranse, como é habitual, con outras locais, nas que é raro que non apareza o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o líder do Partido Popular, Rafa Domínguez; ou o do PSOE, Iván Puentes. "Dinos Iván, cuál es tu plan, el PSOE no levanta cabeza desde Tere Casal", se escoitou a ritmo de I will survive.

E, por suposto, Ence. "Dijiste que se iría, pero nadie mueve esa factoría. Oye! Oye! Oye, amigo Lores!", ao ritmo do mesmo Proud Mary, que interpretara María Carrera no inicio do show. Os Barallocas tamén sacaron á palestra ao seu alcalde, pero ademais déronlle protagonismo ao rei emérito, ás futuras eleccións municipais ou aos problemas da sanidade pública, temas que tamén protagonizaran coplas na primeira eliminatoria.

As cinco mellores agrupacións das dúas eliminatorias para o xurado disputarán este xoves a final, que se retransmitirá por streaming na canle do Concello de Pontevedra.

Comentarios