lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

A música clásica bótase á rúa en Pontevedra

Público asistente a un dos actos celebrados nos últimos días na praza da Ferrería. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Público asistente a un dos actos celebrados nos últimos días na praza da Ferrería. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O programa Clásicas na Rúa ofrece seis propostas en dous escenarios a partir do luns

Seis propostas musicais, en tres días e dous escenarios, a praza da Ferrería e o palco da Alameda. É o que ofrece o programa Clásicas na Rúa, co que esa música tamén estará presente na programación de verán Pontevedra Vívese a partir deste luns.

O Concello destaca que, como o resto da programación estival, Clásicas na Rúa tamén aposta por formacións musicais da contorna e de Galicia, "co obxecto de poñer en valor o talento artístico do país, valorizar a cultura propia e amosar a variedade e pluralidade do sector cultural galego".

Programa de Clásicas na Rúa
3 de agosto
21.00 horas. Palco da música da Alameda. Dúo Xistra.
21.30 horas. Praza da Ferraría. Dúo Cromo.
4 de agosto
21.00 horas. Palco da música da Alameda. Cuarteto Convervatorio.
21.30 horas. Praza da Ferraría. Juanjo Cura.
5 de agosto
21.00 horas. Palco da música da Alameda. Dúo Finisterrae.
21.30 horas. Praza da Ferraría. Samudra Trío.

A música clásica bótase á rúa en Pontevedra
Comentarios