viernes. 02.10.2020 |
El tiempo
viernes. 02.10.2020
El tiempo

A música clásica despídese para dar paso ao rock

Concerto de Samudra Trío na Ferraría. RAFA FARIÑA
Concerto de Samudra Trío na Ferraría. RAFA FARIÑA
Os recitais de Dúo Finisterrae e Samuda Trío pecharon o mércores o ciclo Clásicas na Rúa. A xornada do xoves será protagonizada pola rock no marco da proposta Barullada Rock

O ciclo de música Clásicas na Rúa, pertencente á programación cultural Pontevedra Vívese! deste verán, despediuse o mércores da cidade cos concertos de Dúo Finisterrae e Samudra Trío.

O primeiro deles tivo lugar ás 21:00 horas no palco da música da Alameda da man de Dúo Finisterrae, composto por frauta e arpa. Os seus integrantes, André e Bleuenn, cunha ampla traxectoria na música clásica, interpretaron obras de Debussy , Falla e Fauré, entre outros. O broche final para este ciclo clásico foi o concerto de Samudra Trío ás 21:30 horas na praza da Ferraría. O público puido gozar deste trío conformado por violonchelo, frauta e piano. Samudra Trío, composto por tres mulleres e afincado nas Rías Baixas, emprega a súa música coa finalidade de poder achegarse a diversas culturas. 

Ambos concertos desenvolveronse baixo as medidas de seguridade necesarias nesta nova normalidade. O control de aforo, as máscaras e o xel hidroalcohólico xa son elementos fundamentais para os concertos deste verán. 

Por outra parte, este xoves comeza o ciclo Barullada de Rock, unha proposta que encherá de rock múltiples lugares da cidade. A música comeza ás 13:30 horas cun concerto de Querido Extraño (guitarra, harmónica e percusión) na Praza de Barcelos. Á mesma hora, o público pode disfrutar da mestura de blues e punk de Thee Blind Crows na praza da Ferraría. A súa proposta fará vibrar aos asistentes. 

Pola noite, o rock continúa ás 20:00 horas nas Pistas de Campolongo a cargo de The Bo Derek’s. Simultaneamente, Trompas de Farlopio leva o seu estilo new punk á Praza da Ferraría. 

Este xoves tamén prosegue o ciclo Música no Ar, programado pola Deputación de Pontevedra. O Pazo Liñares acollerá ás 20:00 horas o concerto do pianista Alejo Amoedo e da mezzosoprano Iria Cuevas. Ademais, a proposta de Re-Acción nos Castelos! levará ao Castelo de Soutomaior o contacontos infantil Nin príncipes nin princesas ás 18:00 horas. No mesmo lugar, ás 19:00 horas poderase desfrutar de Permodus, unha acción de danza contemporánea que forma parte de Danza
no Castelo

A música clásica despídese para dar paso ao rock
Comentarios