jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

A música galega e o rock brillan

O rock chegou a Campolongo co concerto de Black Stones. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
O rock chegou a Campolongo co concerto de Black Stones. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
As actividades infantís de Ven Trebellar e a maxia continúan triunfando na programación das festas

A programación festiva da Peregrina deste ano en Pontevedra continuou este mércores, un día máis, marcada polas medidas de seguridade da nova normalidade e pola diversidade de actividades para todos os públicos. 

A xornada comezou pola mañá cos xa habituais pasarrúas. A música tradicional chegou ao centro da cidade da man de Pousos da Area. Os gaiteiros Os de Algures foron os encargados de levar as súas melodías ao barrio de San Roque. 

O público infantil acudiu pola tarde a súa asidua cita co ciclo Ven Trebellar nas Peregrinas. A comedia musical de Píscore conseguiu sacar máis dun sorriso na Alameda. Mentres, a Praza da Cítara acolleu o teatro infantil Bailando cos contos a cargo da compañía Baobab

Tampouco faltou a maxia na cidade. Fran Rei e o Mago Teto foron os anfitrións de Pontevedra Máxica, sorprendendo cos seus trucos aos asistentes. 

A variedade artística estivo presente tamén no ciclo Xeiras das Artes que acolleu a poesía de Tamara Andrés e a performance de Neves Seara. Do mesmo xeito mesturouse a narración de Bea Campos coa ilustración de Antía Iglesias

Oubiña 22.00 horas. Praza da Ferrería. Concerto Onte e hoxe., miércoles, 12 ago · 22:00–22:30

O día de festa pechouse con tres concertos simultáneos . A música galega chegou cos concertos de Onte e Hoxe (na foto de arriba) e As Cantigas de Elena (na imaxe de abaixo). Este último coa colaboración de Pepe Vaamonde e Xisco Feijoo. O rock tamén estivo presente en Campolongo con Black Stones.

Oubiña 22.30 horas. Praza de España. Concerto As Cantigas de Elena con Pepe Vaamonde e Xisco Feijoo., miércoles, 12 ago · 22:30–23:00

Programación para o xoves 13
Ven Trebellar nas Peregrinas:
19:30h. Uxía Lambona e a Banda Molona. Alameda.
20:00h. 'Globo tolo'. Praza da Cítara.
Xeiras das Artes:
20:00h. Malavares e Pablo Rei Zentolo na Curtidoira.
21:30h. Gabi Dakidarría e Colectivo LAG nos xardíns de María Victoria Moreno.
Concertos:
22:00h. Sumrrá. Ferraría.
22:30h. Baiuca. Praza de España.
22:30h. La Habitación Vudú. Pistas de Campolongo.

A música galega e o rock brillan
Comentarios