Música, poesía e premios para un día 17

Os concellos de Poio, Marín e Sanxenxo aproveitan a xornada para entregar galardóns

undefined
photo_camera Ofrenda floral en Vilagarcía. CONCELLO DE VILAGARCÍA

Música, faladoiros, premios escolares e lectura de poemas de Luísa Villalta protagonizaron a xornada do Día das Letras Galegas na maior parte dos concellos do norte da provincia de Pontevedra. Na capital houbo actuacións da Banda de Música de Salcedo, pola mañá, e de Catuxa Salom e dos Vacalouras, pola noite.

A alcaldesa María Ramallo presidiu o acto institucional do 17 de maio de Marín, no que, entre outras cousas, se entregou o XXII Premio de Poesía do Concello de Marín a Francisco Javier Fernández Davila. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, tamén se encargou de presidir o acto central do Día das Letras Galegas no seu concello: a entrega de premios do XXXII Concurso Literario Xaime Illa Couto. No centro cultural que leva o nome do intelectual, ademais, tivo lugar un faladoiro a cargo do crítico Ramón Rozas.

A maiores, en Sanxenxo entregáronse os Premios Os Picariños-Mestre Hermida e en Vilagarcía, o alcalde, Alberto Varela, presidiu a ofrenda floral a Rosalía de Castro.

Pontevedra: concerto das Letras Galegas no Teatro Principal e Festa da Lingua no Mercado

Banda de Música de Salcedo no Concerto das Letras GAlegas. GONZALO GARCÍA
Banda de Música de Salcedo no Concerto das Letras GAlegas. GONZALO GARCÍA

A música en directo protagonizou o Día das Letras Galegas na capital da provincia. Pola mañá, no Teatro Principal, a Banda de Música de Salcedo ofreceu o seu tradicional Concerto das Letras Galegas. Estivo acompañada pola Coral Polifónica de Salcedo. Á noitiña, no Mercado de Abastos, a asociación A Pedreira celebrou a Festa da Lingua, que incluíu concertos de Catuxa Salom e Os Vacalouras.

Marín: a poesía conquista o Museo Manuel Torres

undefined
Entrega do XXII Premio de Poesía de Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Museo Manuel Torres foi o espazo escollido para a entrega do XXII Premio de Poesía de Marín, que este ano recaeu sobre Francisco Javier Fernández Davila. O acto, no que tamén participaron os centros de ensino, completouse cunha actuación de Picuiña.

Poio: entrega de premios do Xaime Illa, e relatorio

undefined
Entrega de premios do certame de relatos e poseía Xaime Illa. GONZALO GARCÍA

O Concello de Poio e a ACD Raxó entregaron os premios do certame de relatos e poesía Xaime Illa, que contou con dez gañadores nun acto que se iniciou cun relatorio co xornalista Ramón Rozas e a edil de Cultura Natalia Sabarís e que contou con música de Xistra

Sanxenxo: premios Os Picariños-Mestre Hermida

O Concello de Sanxenxo e o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo entregaron
onte os premios do Certame Escolar Os Picariños–Mestre Hermida, que repartiron 18 galardóns.
Entrega dos premios do Certame Escolar Os Picariños–Mestre Hermida. CONCELLO DE SANXENXO

O Concello de Sanxenxo e o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo entregaron o día 17 os premios do Certame Escolar Os Picariños–Mestre Hermida, que repartiron 18 galardóns.

Vilagarcía: ofrenda floral a Rosalía de Castro

undefined
Ofrenda floral en Vilagarcía. CONCELLO DE VILAGARCÍA

Vilagarcía pechou os actos arredor do 17 de maio coa tradicional ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro en Carril. No acto participaron a Escola Gato Negro e Malveiras. Despois actuou Xosé Duarte

Comentarios